Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44482

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a un convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2019.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO I

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración para o ano 2019 entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do programa de Integración Familiar.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Fundación Meniños para o desenvolvemento do programa de Integración Familiar nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

7.5.2019

630.671,21 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí que desenvolve o programa Vacacións en Paz 2019.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do programa que ten como obxectivo xeral trasladar a 84 nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas.

15.5.2019

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Centro Asociado da UNED-A Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior no exercicio 2019.

Contribuír ao financiamento da oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

15.5.2019

13.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV ciclo universitario.

Favorecer e permitir desenvolvemento da oferta educativa do Programa universitario de maiores, IV ciclo, así como a participación social que se leva a cabo desde as actividades de voluntariado activo a través do seu finaciamento.

16.5.2019

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades no ano 2019.

Contribuír ao financiamento de programas de formación, benestar e envellecemento activo así como un programa cultural e social no ano 2019.

22.5.2019

32.340,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior no exercicio 2019.

Consolidación da Universidade Sénior, contribuíndo ao financiamento da oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

23.5.2019

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Párkinson Ferrol para o financiamento do Proxecto abordaxe multidisciplinar en persoas con enfermidade de Párkinson, para o exercicio 2019.

Contribuír ao financiamento do proxecto baseado nunha intervención multidisciplinar para acadar unha calidade de vida óptima para as persoas con enfermidade de Párkinson e os seus achegados, mediante un equipamento multidisciplinar encargado de ofrecer entre as diversas opcións terapéuticas a máis indicada para cada caso.

23.5.2019

9.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) para financiar a realización de actividades para o

exercicio 2019.

Contribuír ao financiamento de actividades artísticas e culturais, sociocomunitarias de convivencia e de animación á lectura dirixidas aos maiores durante o ano 2019.

29.5.2019

23.100,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades para o exercicio 2019.

Contribuír ao financiamento de actividades deportivas, de mantemento e mellora da axilidade mental, así como charlas sobre a protección xurídica dirixidas aos maiores durante o ano 2019.

29.5.2019

20.790,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Pontevedra.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mentada lei, no ámbito da provincia de Pontevedra.

31.5.2019

713.412,72 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Educativa e Social Dignidade para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Lugo.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Educativa e Social Dignidade para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mentada lei, no ámbito da provincia de Lugo.

31.5.2019

561.252,67 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Ourense.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mentada lei, no ámbito da provincia de Ourense.

31.5.2019

549.139,92 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Rede Europea de Loita contra a Pobreza

(EAPN-Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

Contribuír ao financiamento da realización, por parte EAPN, dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

3.6.2019

36.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o financiamento do Programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Contribuír ao financiamento das seguintes actuacións:

Mobilidade: programa de formación a para obtención do permiso de conducir especial para vehículo adaptado.

Actividades de ocio e deporte.

Edición dun boletín de educación sociosanitaria.

5.6.2019

24.832,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do programa de Familias Acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do programa, cuxa finalidade é unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

21.6.2019

463.866.00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

Establecer os termos da colaboración para a realización por parte da fundación, dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con patoloxía dual, a través do programa Acougo.

21.6.2019

153.846,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento das Aulas Senior de Galicia e mantemento da entidade para o exercicio 2019.

Colaborar para o mantemento da entidade, así como nas actuacións que leva a cabo nas Aulas Senior de Galicia. O programa subvencionable é o Programa de envellecemento activo nas Aulas Senior de Galicia: clases presenciais (50 horas semanais) e 18 seminarios en nove sedes de Galicia (A Coruña, Ferrol, Padrón, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso) en catro áreas:

– Área cultural.

– Área ocupacional.

– Área da saúde.

– Área de ocio.

21.6.2019

190.000,00 €

Convenio de colaboración entre a consellería de Política Social e a Asociación Marola Fútbol Club para o desenvolvemento dun Programa de fomento da práctica deportiva dos menores internados no centro Concepción Arenal e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Establecer o marco de colaboración para o financiamento do programa que leva a cabo durante o ano 2019 dirixido a facilitar a práctica deportiva dos internos do centro Concepción Arenal, mediante a súa inclusión nas actividades do club, así como o tránsito a autonomía e a inserción sociolaboral dos mozos, de idades comprendidas entre 18 e 25 anos, que finalicen o seu internamento nun dos centros de reeducación desta comunidade autónoma, e residan na cidade da Coruña, naqueles casos nos que o seu contorno sociofamiliar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción sociolaboral.

27.6.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Manaia para a execución do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas.

Contribuir ao financiamento para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do programa, mediante o cal se facilita un axeitado desenvolvemento da persoa menor adoptada mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado ás familias adoptantes e/ou as persoas menores.

27.6.2019

44.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Meniños para a execución do Programa de intervención con nenos e nenas vítimas de abuso sexual.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do Programa de intervención con persoas menores vítimas de abusos sexuais en Galicia para o ano 2019.

27.6.2019

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dunha estratexia transversal para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica.

Colaborar e contribuír á elaboración dun protocolo de actuación que conterá un check list de liñas básicas que constitúa unha ferramenta de traballo para a elaboración normativa, a planificación e posterior deseño e desenvolvemento de proxectos de actuación para a incorporación da perspectiva demográfica e a análise da dita incorporación.

27.6.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Europa para o achegamento da Unión Europea á xuventude galega no exercicio 2019.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración, para informar e sensibilizar sobre a Unión Europea á mocidade galega, así como para desenvolver proxectos de cooperación europea en beneficio da xente moza a levar a cabo pola fundación.

28.6.2019

42.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun Programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

A concesión dunha subvención para a realización do Programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar obxecto deste convenio, que consistirá no establecemento de liñas de atención ás situacións de sen fogarismo a través da intervención coordinada con enfoque integral levada a cabo polos equipamentos técnicos municipais da entidade con capacidade de actuación en todo o territorio galego.

3.7.2019

169.950,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático no ano 2019.

Regular as condicións polas que se rexerá a colaboración para a organización e desenvolvemento no ano 2019 dun encontro informático que ten como obxectivo principal ser un punto de encontro e referencia para a xuventude no eido das novas tecnoloxías, combinando actividades educativas, lúdicas e culturais.

3.7.2019

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para o desenvolvemento dun programa denominado Servizo de atención psicolóxica e logopédica para familias e menores xordos implantados ou con prótese auditiva.

O financiamento do programa cuios principais ámbitos de actuación son a atención logopédica a menores xordos de 0 a 6 anos, a orientación sobre as estratexias comunicativas ás súas familias e aos centros educativos, e tamén o asesoramento psicolóxico ás familias e/ou contorna de convivencia co fin de fomentar o desenvolvemento normalizado do sistema familiar.

5.7.2019

11.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do Programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo.

A concesión dunha subvención para a realización do desenvolvemento de accións dirixidas ás minorías étnicas coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do Programa operativo de inclusión social e economía

social 2014-2020.

5.7.2019

65.920,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Programa socio-educativo e de lecer e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral dos menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a tutela

e/ou garda da Xunta de Galicia, mediante o cal se lles facilita o adecuado desenvolvemento persoal e social aos menores participantes nas actividades que se desenvolven.

16.7.2019

111.767,92 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para a realización de actuacións na consecución de beneficios e vantaxes destinados ás familias numerosas galegas no ano 2019.

O financiamento dos labores de difusión dos beneficios e vantaxes dos programas e medidas destinadas a familias numerosas e desenvolvemento de accións de captación de empresas e entidades que ofrezan vantaxes como medidas de apoio e axudas ás ditas familias.

16.7.2019

16.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións para a Loita contra as Enfermidades de Ril de Galicia para o desenvolvemento dun Programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica (ERC) en Galicia (programa Medro con Alcer).

O financiamento do programa que ten por finalidade a intervención psicosocial cos menores con ERC e as súas familias tratando de comprender, predecir e cambiar á súa conduta social, axudándolles a adaptarse á enfermidade e modificar aqueles aspectos nocivos da súa contorna e mellorar a súa calidade de vida.

19.7.2019

27.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia e Abanca corporación bancaria, para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove.

Establecer as bases da colaboración entre a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a entidade financeira Abanca, para o apoio ás accións de promoción, difusión e desenvolvemento do programa Carné Xove que se leven a cabo en Galicia durante a vixencia deste convenio.

19.7.2019

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes, relativo á utilización das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2019/20.

Establecer a forma e condicións de colaboración para a utilización gratuíta pola asociación das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense, durante o curso académico 2019/20.

19.7.2019

Sen custo

Convenio de colaboración para o ano 2019, entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa.

Contribuir ao financiamento para o desenvolvemento do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa para o ano 2019.

31.7.2019

173.353,44 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Riotorto de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2019.

O finaciamento para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal achegando estas actividades ás persoas que teñen dificultade de desprazarse ao centro sociocultural situado nas Rodrigas, prestándolles os servizos nas antigas escolas e centros veciñais de que dispón o concello.

31.7.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Boimorto de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2019.

O financiamento para a realización das seguintes actividades:

- Difusión do Servizo de Atención ás Dificultades de Memoria.

- Detección precoz do deterioro cognitivo na comunidade.

- Intervención cognitiva aos participantes do servizo.

- Orientación e apoio a familiares de persoas con deterioro cognitivo.

- Avaliación das actividades realizadas.

31.7.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia) para o mantemento da entidade e organización do XV Congreso de Cermis autonómicos, para o exercicio 2019.

Colaborar no mantemento de Cermi Galicia, co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade de defensa dos dereitos das persoas con discapacidade e a organización do XV Congreso de Cermis autonómicos.

31.7.2019

43.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Valga de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención diaria dirixidas a persoas con discapacidade e/ou en exclusión social, no exercicio 2019.

Colaborar para a realización de actividades de atención diaria dirixidas a persoas con discapacidade e/ou en exclusión social, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

2.8.2019

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia polo que se encomenda a xestión dos sistemas de información básicos do sistema galego de servizos sociais (SIUSS-SIUSSGAL/PBSS e MATIASS).

Instrumentar e regular as condicións específicas que rexerán a encomenda de xestión para o desenvolvemento das actividades técnicas descritas na cláusula primeira necesarias para o mantemento actualizado dos sistemas de información básicos dos servizos sociais, baixo as instrucións do órgano competente da Xunta de Galicia.

14.8.2019

104.169,23 €

ANEXO II

Convenio asinado no primeiro cuadrimestre de 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Bancaria La Caixa para o desenvolvemento do programa Caixaproinfancia.

Establecer a colaboraboración para o desenvolvemento do programa cuxa finalidade é mellorar a situación dos e das menores en situación de pobreza e vulnerabilidade social e a das súas familias.

11.1.2019

Sen custo