Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44592

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D24/2019, do 26 de setembro, pola que se nomea profesores contratados doutores a Arturo González Gil, Elena Arce Fariña, Miguel Ángel Álvarez Feijoo, Andrés Suárez García, Guillermo Lareo Calviño e Araceli Regueiro Pereira (PCD-16).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas das prazas de profesor contratado doutor PCD-16 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada mediante a Resolución D/03/2019, do 3 de xuño (DOG do 10 de xuño) e presentada polos candidatos propostos a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Arturo González Gil, con DNI ***7433**; Elena Arce Fariña, con DNI ***6011**; Miguel Ángel Álvarez Feijoo, con DNI ***1375**; Andrés Suárez García, con DNI ***4878**; Guillermo Lareo Calviño, con DNI ***9087**, e a Araceli Regueiro Pereira, con DNI ***0532**, profesores contratados doutores do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 26 de setembro de 2019

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
na Escola Naval Militar