Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44511

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2019 pola que se publican os convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2019.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2019, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación do Campo Galego

Mellora dunha infraestrutura rural orientada á posta en valor do rural galego denominado Espazo cultural formativo do medio rural sobre os labores do campo e a mecanización agraria

30.8.2019

145.573,05 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia Turismo de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Juana de Vega

Elaboración da estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia

1.8.2019

179.131,60 €