Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións que poñen fin á vía administrativa dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Data da resolución: 17.7.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-04-02-C-1.

Obxecto da concesión: outorgamento da 3ª prórroga á concesión administrativa para actividades inherentes á explotación e xestión de lonxa.

Porto: A Illa de Arousa (O Xufre).

Concesionario: Organización de Produtores do Marisco e Cultivos Mariños da Illa de Arousa (OPP20).

Prazo da concesión: ata o 3.7.2023.

Taxas para devindicar a Portos de Galicia: 1.858,43 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación del dominio público portuario e en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos a taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa; serán de aplicación os máximos establecidos na Lei 6/2003.

Superficie concedida no título concesional: 1.103 m2.

– Data da resolución: 9.8.2019.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-07-17-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de superficie para a construción de liña de telecomunicación.

Porto: Cambados.

Concesionaria: Telefónica de España, S.A.

Prazo da concesión: 5 anos.

Taxas para devindicar a Portos de Galicia: 98,68 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e o 2 % do importe neto cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 62,1 m2.

– Data da resolución: 19.8.2019.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-50-18-C-2.

Obxecto da concesión: outorgamento da concesión administrativa para ocupación de edificación destinada a centro de formación marítima, de prevención de riscos e de seguridade.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionaria: Servizo de Formación Galego e Salvamento, S.L. (Seforgasa).

Prazo da concesión: 20 anos.

Taxas para devindicar a Portos de Galicia: 14.823,63 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación del dominio público portuario e o 1 % do importe neto cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 492,25 m2.

– Data da resolución: 30.8.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-28-98-C-1.

Obxecto da concesión: 4ª prórroga da ocupación de instalacións para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión do servizo de lonxa e instalación nesta dunha depuradora de moluscos.

Porto: Barallobre.

Concesionaria: Confraría de Barallobre.

Prazo da concesión: ata o 11.5.2023.

Taxas para devindicar a Portos de Galicia: 4.221,51 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación del dominio público portuario e o 1 % do importe neto cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión ou 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa; serán de aplicación os máximos establecidos na Lei 6/2003 en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 572,35 m2.

– Data da resolución: 2.9.2019.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-34-11-C-1.

Obxecto da concesión: modificación substancial da concesión de ocupación dunha superficie con destino a nave para almacén, para incluír explanada, báscula de camións, caseta e centro de transformación.

Porto: Brens-Cee.

Concesionaria: Ferroatlántica, S.L.

Prazo da concesión: ata o 23.1.2028.

Taxas para devindicar a Portos de Galicia: 16.450,69 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e o 1 % anual do volume de negocio xerado no ámbito da concesión administrativa en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 8.660 m2.

– Data da resolución: 13.9.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-50-02-C-2.

Obxecto da concesión: primeira prórroga da concesión administrativa para construción dun edificio con destino a oficinas e almacén da dita asociación.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionaria: Asociación Mexiloeira do Barbanza.

Prazo da concesión: ata o 13.6.2025.

Taxas para devindicar a Portos de Galicia: 773,16 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e o 1,5 % anual do volume de negocio xerado no ámbito da concesión administrativa en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 199,76 m2.

– Data da resolución: 23.9.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-04-89-C-1.

Obxecto da concesión: primeira prórroga de concesión no dominio público portuario da concesión administrativa outorgada para a construción dun centro de transformación eléctrica con liña de baixa tensión.

Porto: Cedeira.

Concesionaria: Confraría de pescadores de Cedeira.

Prazo da concesión: ata o 29.4.2024.

Taxas para devindicar a Portos de Galicia: 119,54 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e o 1 % anual do volume de negocio xerado no ámbito da concesión administrativa en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 61,32 m2.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia