Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 69/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 69/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Luis Marticorena Rodríguez contra Infordeza, S.L.U., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto do 2.5.2019 en que se despacha execución contra Infordeza, S.L.U., impugnable en reposición no prazo de tres días.

Decreto do 6.5.2019, impugnable en revisión no prazo de tres días.

Dilixencia de ordenación do 12.9.2019, en que se sinala incidente sobre solicitude de ampliación da execución respecto de Carlos López Alvarellos, impugnable en revisión no prazo de tres días.

Estas resolucións están á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Infordeza, S.L.U. e ao seu administrador Carlos López Alvarellos, ambos en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza