Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44679

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (384/2017).

Eu, Eva Bernárdez Pereiras, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo verbal 384/2017 se ditou, con data do 27.6.2019, auto de aclaración da Sentenza nº 155/2018, ditada no presente procedemento, contra o cal non caberá ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

E, en virtude do acordado nos autos de referencia, por medio deste edicto notifícaselle a José Cardama Rey o auto de aclaración ditado.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza