Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2019 pola que se fai pública a formalización do encargo co medio propio personificado Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para a realización do servizo técnico de apoio na tramitación técnica e administrativa de expedientes relacionados coa xestión do dominio público hidráulico da bacía hidrográfica Galicia-Costa e na planificación, programación, proxecto, construción e explotación de obras hidráulicas en toda Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésima cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encargo.

Título e obxecto: servizo técnico de apoio a Augas de Galicia na tramitación técnica e administrativa de expedientes relacionados coa xestión do dominio público hidráulico da bacía hidrográfica Galicia-Costa e na planificación, programación, proxecto, construción e explotación de obras hidráulicas en toda Galicia.

Clave do expediente: OH.788.400.

Código CPV (referencia de nomenclatura): 71300000-1 (Servizos de enxeñaría).

Empresa destinataria do encargo: Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

Data de aprobación: 3 de setembro de 2019.

Data de formalización: 18 de setembro de 2019.

Orzamento: 839.884,75 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 1.679.769,50 euros. Inclúe o orzamento inicial e as eventuais prórrogas previstas do encargo.

Prazo de execución: 12 meses con previsión de prórrogas ata un máximo de 12 meses.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 19 de setembro de 2019.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia