Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 27 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de Manuel Ramón Alejo Gómez González.

O Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, por auto ditado o 26 de agosto de 2015, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal dos bens de Manuel Ramón Alejo Gómez González, veciño do Concello de Ourense, falecido o 16 de novembro de 2012.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1 do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 269 da Lei 2/2006, do dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados no lugar da última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4 do Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda; de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Manuel Ramón Alejo Gómez González, falecido en Ourense o 16 de novembro de 2012, formulen as alegacións que consideren pertinentes perante a Consellería de Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo na rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda