Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 25 de setembro de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00067-O-2019 e tres máis.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou as resolucións do expediente sancionador PO-00067-O-2019 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra as resolucións sancionadoras, que non son definitivas na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coas resolucións sancionadoras, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentaren recurso de alzada e non pagaren a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00067-O-2019

7039-BNT

X9687267N

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.6.2018; 12.39.00; PO-531; 4,732

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-00068-O-2019

1666-DKM

76898811J

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.6.2018; 7.50.00; N-550; 130,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-03463-O-2018

1666-DKM

76898811J

Atenuante. Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

8.5.2018; 12.40.00; A-55; 21,413

Artigo 141.25 da LOTT. Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT.

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

XC-02156-O-2018

3430-HRC

36147249N

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

23.8.2018; 2.43.00; AP-9; 79,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros