A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezcan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 274/2019 contra a Resolución do 20 de maio de 2019, do conselleiro de Facenda, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais, así como contra esta última resolución.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública