Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (652/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 652/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Herminio Rivas Pombo, se ditou a seguinte resolución:

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 652/2017 sobre reclamación de cantidade, seguido por instancia de Herminio Rivas Pombo, asistido pola letrada Rocío Rodríguez Enríquez, contra Ambuiberica, S.L., representado e asistido polo letrado Ricardo Pérez Seoane, e contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.

Resolución:

Estímase a demanda presentada a instancia de Herminio Rivas Pombo contra Ambuiberica, S.L. e Ambunova Servicios Sanitarios, S.L., e, en consecuencia, condénase solidariamente as demandadas a aboar ao demandante a cantidade de 5.026,85 euros en concepto de cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza