Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de denegación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2019/00013).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal as persoas interesadas, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de denegación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 9 de setembro de 2019

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada

OU-2019/00013

35314326B

OU-2019/00013

16AI51299