Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Distribuidores de Bebidas y Productos Análogos de Galicia Adisbepa que, en virtude da dita modificación, pasa a denominarse Asociación de Distribuidores Gallega Adisga.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación de diversos artigos dos estatutos da dita asociación, entre eles o correspondente á súa denominación que pasa a ser Asociación de Distribuidores Gallega Adisga.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, dedicadas a actividades profesionais ou mercantís relacionadas co sector, a través da distribución para a súa venda de produtos como bebidas, comida ou de análoga entidade.

Asinantes: Juan Carlos Carro Álvarez, María del Carmen Soto Lema, Ricardo Álvarez Fernández e Manuel Álvarez Vázquez.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego