Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de setembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Lagarteiro, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Xeve, na parroquia de Santa María de Xeve, concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 26 de marzo de 2019 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Santa María de Xeve.

Nome do monte: Lagarteiro.

Cabida: 635,52 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Mª del Pilar Morgade González e outros propietarios descoñecidos.

Sur: circundado da Antiga Casa de Odulia, Mª Luisa Solla González e camiño público que lle á acceso desde a estrada PO-224.

Leste: Mª del Pilar Morgade González e Mª Luisa Solla González.

Oeste: circundado da Antiga Casa de Odulia.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 17 de setembro de 2019

Lorena Peiteado Pérez
Instrutora