Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0940/2018-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0940/2018-PPM.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0940/2018-PPM

76926490T

Resolución de recurso de alzada

Viña Grande, 63, Vilanova de Arousa