Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade ás resolucións das modificacións non substanciais das autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación de 1.840 porcas reprodutoras

Trámite: transmisión da autorización

Novo titular: Integraciones Silleda, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0038_NAA/IPPC_181

Localización: lugares da Cerdeira e O Campo, concello de Curtis (A Coruña)

Núm. de expediente: 2019-IPPC-M-138

Instalación: fábrica de pasta de papel

Modificación da autorización ambiental integrada 2004/0286_NAA/IPPC_162 por estimación parcial do recurso de alzada presentado por Ence Energía y Celulosa, S.A.

Titular: Ence, Energía y Celulosa, S.A.

Localización: concello de Pontevedra

Instalación: fábrica de carbono sinterizado e electrografito

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Showa Denko Carbon Spain, S.A.

Núm. de rexistro AAI 2007/0007_NAA/IPPC_145

Localización: concello da Coruña

Núm. de expediente: 2018-IPPC-M-128

Instalación: fábrica de armaduras para asentos de automóbiles

Trámite: cambio de denominación social da empresa titular da autorización

Nova razón social: Magna Seating Vigo, S.A.U.

Expediente núm. 2019-IPPC-M-168

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Autorización: 2006/0356_NAA/IPPC_088

Instalación: planta de aluminio

Trámite: cambio de denominación social da empresa titular da autorización

Nova razón social: Alu Ibérica LC, S.L.

Expediente núm. 2019-IPPC-M-174

Localización: concello da Coruña (A Coruña)

Autorización: 2005/0272_NAA/IPPC_169

Instalación: xestión de residuos

Trámite: modificación da AAI

Titular: Proteción Medio Ambental, S.L. (PMA)

Expediente núm. 2019-IPPC-M-169

Localización: concello da Laracha (A Coruña)

Autorización: 2007/0015_NAA/IPPC_179

Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio en Estramundi

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

Rexistro AAI: 2007/0272_NAA/IPPC_222

Localización: concellos de Padrón e Rois (A Coruña)

Expediente: 2019-IPPC-M-35

Estas resolucións poderanse consultar en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático