Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de setembro de 2019 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D36.67695.

A persoa titular da Xefatura da Área de Verteduras de Augas de Galicia ditou requirimento no expediente DH.D36.67695 en materia de verteduras de augas residuais seguido contra a persoa titular do NIF 35258789-L (TM Pontevedra).

Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que, previamente, se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o requirimento ditado á persoa interesada.

Infórmase que o expediente de denuncia se atopa á súa disposición nas oficinas da Área de Verteduras de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunícase que en relación co requirimento mencionado cabe presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia