Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de setembro de 2019 polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.B36.65878 e seis máis.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH.B36.65878 e seis máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que, contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente/Clave

DNI/NIE da persoa interesada

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.B36.65878

36006412G

06.6.2019

Favorable

DH.W15.58277

32816585T

19.6.2019

Desistencia

DH.W15.55947

32833005E

26.6.2019

Favorable

DH.W15.59389

Y4166868H

28.5.2019

Desistencia

DH.W27.66041

33768986H

28.5.2019

Favorable

DH.W15.61487

44815920Y

12.6.2019

Desistencia

DH.W27.58206

33993525P

12.7.2019

Desistencia