Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45360

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de outubro de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Mediante a Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

O tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 82, do 27 de abril) acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por medio da Resolución do 14 de xuño de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 117, do 21 de xuño).

Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria polas persoas aspirantes, e co obxecto de que poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron este proceso selectivo, e pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 21 de outubro de 2019, ás 10.00 horas.

Segundo. As persoas aspirantes poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo II desta orde, sempre que reúnan os requisitos exixidos nel.

As persoas aspirantes que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso acreditar posesión do permiso de conducir B ou experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. A dita certificación será expedida pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería en que figure adscrita a dita praza.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedaran sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***1739**

Fernández Abalde, Félix

2

***9651**

Conde Bruces, María

3

***8034**

Becerra Arrojo, Alberto

4

***9633**

Nieto Merino, Álvaro

5

***5972**

Martín Madroño, David

6

***1942**

Álvarez Fraguas, Roberto

7

***6286**

Vilariño Alonso, Zoila

ANEXO II

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Grupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

Observacións

1

EI3010000115770019

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

2

EIC991000015001130

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial

A Coruña

A Coruña

3

EIC991000015001131

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial

A Coruña

A Coruña

4

EIC991000015001133

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial

A Coruña

A Coruña

5

EIC991000027001100

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

6

EIC991000027001102

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

7

EIC991000032001070

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Ourense

Ourense

8

FCC050000615770007

FC

Xefatura Sección Técnica de Verificacións

A1/A2

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

Subdirección Xeral de Seguimento e Control dos Fondos Comunitarios

Santiago de Compostela

Permiso

conducir B (R.I.)

9

INO110020015001021

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Laboratorio de Consumo de Galicia (A Coruña)

A Coruña

Experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos (mérito)

10

IVA100000315770015

IV

Xefatura Sección Técnica I

A2

25

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Área de Construción, Explotación e Seguridade Viaria

Santiago de Compostela

11

PRC991000027001005

PR

Xefatura Sección Mantemento

A2

25

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

Horario especial

12

PRC994000036560002

PR

Xefatura Sección Técn. Infraestrutur. e Mantemento

A1/A2

25

Servizos periféricos

Edificio Administrativo (Vigo)

Vigo

Horario especial