Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da Xunta Xestora do monte abertal de Paderne, no concello de Folgoso do Courel.

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da Xunta Xestora do monte abertal de Paderne, situado na parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel.

Día: domingo, 17 de novembro de 2019.

Hora: ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda.

Lugar: capela de Paderne.

Parroquia: Meiraos.

Concello: Folgoso do Courel.

Orde do día:

1. Presentación.

2. Aprobación de estatutos da Xunta Xestora do monte de Paderne.

3. Constitución da Xunta Xestora do monte de Paderne.

4. Rolda de intervencións.

Lugo, 27 de setembro de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo