Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 40/2019).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 40/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Reborido Manteiga contra José Antonio Abeal Vecino, sobre despedimento, se ditou a Resolución do 26 de xuño de 2019 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fágaselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a José Antonio Abeal Vecino, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza