Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45412

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 2/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 2/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Méndez García contra o Fondo de Garantía Salarial e Sariconstrunor, S.L., sobre ordinario, se ditou a Sentenza co número 454/2019, do 19 de setembro de 2019, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Estímase a demanda presentada por instancia de José Antonio Méndez García contra Sariconstrunor, S.L., e contra o Fogasa, e condeno a demandada, Sariconstrunor, S.L., a aboarlle ao demandante a cantidade total de 1.277,28 euros como cantidades debidas máis o xuro legal da dita cantidade; todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sariconstrunor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza