Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45539

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de marzo de 2019 (DOG do 3 de abril e BOE do 30 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir 6 prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC, subgrupo A2, 4 pola quenda de promoción interna e 2 pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 6 de xuño de 2019 (DOG do 18 de xuño), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas no taboleiro electrónico da USC e nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna, están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.2 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre que non estando exentas, deberán realizar o primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 11 de novembro de 2019, ás 9.00 horas, nas aulas 10 e 11 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (avenida do Burgo, s/n, campus Norte, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizase o primeiro deles, no taboleiro electrónico da USC, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela