Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45683

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de outubro de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 196, do 15 de outubro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 45360, no último parágrafo, onde di: «As persoas aspirantes que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso acreditar posesión do permiso de conducir B ou experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. A dita certificación será expedida pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería en que figure adscrita a dita praza.», debe dicir: «As persoas aspirantes que pretendan optar ao posto para cuxo desempeño é preciso acreditar a posesión do permiso de conducir B deberán comparecer no acto de elección de destino co orixinal do permiso».