Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dun parque de cultivos mariños sito no Areal Grande de Leis, concello de Muxía.

Mediante este anuncio faise público que por Resolución da Consellería do Mar, do 17 de setembro de 2019, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de transmisión: inter vivos e mortis causa.

Tipo de establecemento e identificación: parque de cultivos mariños Leis 4, localizado no Areal Grande de Leis, concello de Muxía (A Coruña).

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), bígaro (Littorina littorea) e ostra plana (Ostrea edulis).

Data da orde de outorgamento: Orde ministerial do 15.12.1954 (BOE nº 356).

Vixencia do título habilitante: 19.4.2018 (prórroga extraordinaria en trámite).

Antigo titular: Francisco Manuel Piñeiro Anido (***8592**).

Nova titular: Tapes Aquaculture, S.L. (B15850282).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a levar a cabo o cambio da titularidade: a nova titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia do documento notarial da transmisión, e a solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

A Coruña, 26 de setembro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña