Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45855

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso.

O tribunal para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, foi nomeado mediante as ordes do 5 e do 28 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro, e núm. 49, do 9 de marzo) da Consellería de Facenda.

Mediante a Resolución do dito tribunal, do 2 de agosto de 2019 (DOG núm. 165, do 2 de setembro), publícase o baremo provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de acordo co disposto na base II.2 da convocatoria.

De acordo co disposto na base II.2.5 da convocatoria, as persoas aspirantes puideron presentar reclamación contra o baremo provisional no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

O tribunal revisou as alegacións presentadas comprobando a adecuación dos méritos alegados co establecido nas bases da convocatoria e tendo en conta que non foron valorados por non adecuarse ao establecido nas bases da convocatoria:

a) Os servizos que non foron acreditados de conformidade coas bases II.2.2 e II.2.3 da convocatoria.

b) Os servizos prestados na Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga); na Fundación Rof Codina; en Tragsa ou en calquera outra entidade pública instrumental do sector público que non teña a consideración de Administración pública, de conformidade co artigo 2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

c) Os servizos prestados como persoal investigador, docente ou bolseiro en universidades, Administración local e outras administracións.

d) Os períodos que corresponden a «salarios de tramitación».

e) Outros servizos non xustificados de conformidade co establecido nas bases da convocatoria.

Unha vez revisadas as alegacións presentadas, o tribunal, na sesión que tivo lugar o día 7 de outubro de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. Estimar, por existir un erro material na transcrición dos datos da súa puntuación, a reclamación formulada por Plácido Calvo Dopico, con nº de DNI **6588**, e modificar a puntuación que lle foi asignada, que pasa de 13,75 puntos no baremo provisional a 24,50 puntos no baremo definitivo.

Segundo. Desestimar as restantes reclamacións presentadas polos aspirantes por non se axustaren as súas alegacións ao establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro. Elevar a definitivas as puntuacións dos aspirantes publicadas mediante a Resolución deste tribunal do 2 de agosto de 2019 (DOG núm. 165, do 2 de setembro); a puntuación de Plácido Calvo Dopico é de 24,50 puntos.

Cuarto. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal