Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2018/84-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento efectuado no expediente IN635A 2018/84-4 para a corrección das deficiencias na instalación eléctrica particular, con advertencia de que se impoñerán multas coercitivas de non acreditar o seu cumprimento no prazo de quince (15) días.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para contestar o requirimento se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do requirimento e constancia del.

Pontevedra, 7 de outubro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación materia eléctrica: IN635A 2018/84-4.

Interesado: NIF 36099338X.

Acto notificado: requirimento para a corrección de deficiencias nunha instalación eléctrica particular.

CUPS da instalación: ES2200000475153DP1P.