Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai publica a solicitude para a reclasificación da autorización de aproveitamento denominada Castroverde número 94, da sección A) á sección C) co número 5107, sita no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

De conformidade coa Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, artigo 23.4, faise pública a solicitude para a reclasificación da autorización para o aproveitamento de recursos da sección A) Castroverde número 94, como sección C) número 5107, conforme o disposto no Real decreto 107/1995, do 27 de xaneiro, polo que se fixan os criterios de valoración para configurar a sección A) da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo) sobre unha superficie de 1 cuadrícula mineira, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

Vértices

Coordenadas xeográficas ED50 da concesión de explotación Castroverde

Lonxitude

Latitude

1

-7º 49´ 40´´

42º 17´00´´

2

-7º 49´ 20´´

42º 17´ 00´´

3

-7º 49´ 20´´

42º 16´ 40´´

4

-7º 49´ 40´´

42º 16´ 40´´

A documentación pódese consultar durante o prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias deste servizo (Curros Enríquez, nº 1, 3º andar). Rematado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 13 de setembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense