Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de outubro de 2019 polo que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística 107B 2007/13-0.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de agosto de 2019, resolución pola cal se impón unha terceira multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 11.7.2007, 20.11.2012, 30.11.2017 e 17.10.2018, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha nave industrial no lugar de Santa Cruz de Rabeda, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Daniel Cid Babarro, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística