Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46009

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2019 pola que se modifica a distribución do crédito orzamentario da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2019.

Mediante a Resolución do 28 de maio de 2019 (DOG núm. 101, do 29 de maio) aprobáronse as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocaron para o ano 2019.

O artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

A base cuarta parágrafo dous da Resolución do 28 de maio de 2019 prevé que o importe máximo para o financiamento das axudas incluídas na convocatoria é de 460.000 euros, dos cales 230.000 euros son para artes escénicas (modalidades A1, A2, A3 e A4) e 230.000 euros para música (modalidades B1, B2 e B3) da partida orzamentaria 2019.11.A1.432.B.470.0, para o ano 2019.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o día 31 de xullo, e dado que non houbo suficientes nas modalidades B para esgotar o crédito xa que non é posible coñecer de antemán o número delas, e co fin de optimizar os recursos dispoñibles para esta convocatoria, atender o maior número de proxectos das modalidades A que cumpren cos requisitos exixidos para seren subvencionados e que poidan percibir subvención, tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Modificar a distribución do importe máximo da convocatoria 460.000 euros determinado na base cuarta parágrafo dous, dos cales 267.635,70 euros son para artes escénicas (modalidades A1, A2, A3 e A4) e 192.364,30 euros para música (modalidades B1, B2 e B3) da partida orzamentaria 2019.11.A1.432.B.470.0, para o ano 2019.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais