Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46176

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 1704/2018).

DCT divorcio contencioso 1704/2018

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Rita Pérez Salaño

Procuradora: Beatriz Cerviño Gómez

Demandado: Eliseo Rivadas Aller

No procedemento de referencia foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza n° 360/19.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio nº 1704/2018, promovido pola procuradora Sra. Cerviño Gómez, en nome e representación de Rita Pérez Salaño, asistida da letrada María Salomé Ramos Bueno contra Eliseo Rivadas Aller, maior de idade, indicada nos autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

Decido:

Que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Cerviño Gómez, en nome e representación de Rita Pérez Salaño, asistida da letrada María Salomé Ramos Bueno contra Eliseo Rivadas Aller, maior de idade, indicada nos autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio e, en consecuencia, procede debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído no 30.10.1993 en Ames, rexistrado no tomo 26, páxina 18, sección 2ª, do Rexistro Civil desa localidade, transcorrido máis de tres meses de matrimonio, a revogación de poderes que se outorgaron reciprocamente os cónxuxes e a atribución do uso do que fora domicilio conxugal á esposa conforme o acordado en sentenza de separación do 15.12.2003 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Santiago de Compostela en autos 409/2003.

Firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 e 776 Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na D.A. 15ª da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Eliseo Rivadas Aller, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza