Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46348

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO da oferta de emprego público 2019.

Rosario Rodríguez Delgado, concelleira delegada da Área de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais, mediante o Decreto do 9 de outubro de 2019, acordou:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

Posto de traballo

Escala

Grupo

Subgrupo

Prazas

Técnico de xestión económica

Administracíón xeral

A

A1

1

Técnico de recursos humanos

Administración xeral

A

A1

1

Arquitecto técnico

Administración especial

A

A2

1

Técnico informático

Administración especial

A

A2

1

Axente de policía local

Admón. especial (básica)

C

C1

2

Segundo. Publicar a oferta de emprego de 2019 no taboleiro de anuncios do concello, así como na sede electrónica deste concello, no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego do exercicio 2019 dentro do prazo improrrogable de tres anos, que se contará desde a data de publicación.

Verín, 9 de outubro de 2019

Rosario Rodríguez Delgado
Concelleira delegada