Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 10 de outubro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados, no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante a presente cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 988 38 58 48/988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 10 de outubro de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/pasaporte

201902376

47217682Q

201903124

34995381F

201904124

X9734131W

201802111

Y1673133N

201903785

28801197E

201905763

X8302327V

201903973

Y1390065M

201903249

34936172T

201905572

32762573Q

201904477

34628816Q

201804668

47083286D

201902930

36277412H

201904660

49683339G

201904667

34950775K

201905559

34668121Z

201807586

71511663V