Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social Y1512097E/03/09/2019/2.1.E e seis máis.

Unha vez intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia, ditado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio do expediente sancionador de referencia, e non sendo posible a súa práctica, polo medio da presente cédula e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación polo medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que, contra el, cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a Oficina de Emprego de Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado pola Xefatura Territorial.

Advírteselles ás persoas interesadas que, se non formulan alegacións no tempo e na forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 16 de setembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

Y1512097E

Y1512097E/

03/09/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

44484768P

44484768P/

09/09/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

X9043447P

X9043447P/

05/09/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

44465503V

44465503V/

06/09/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

79330032L

79330032L/

11/09/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Y1208263H

Y1208263H/

19/09/2019/2.1.D

Artigo 24.3.d)

Artigo 47.2.a)

Baixa na demanda de emprego durante un mes

X8947353P

X8947353P/

19/09/2019/2.1.D

Artigo 24.3.d)

Artigo 47.2.a)

Baixa na demanda de emprego durante un mes