Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2019/109).

A empresa Hidroeléctrica do Arnego, S.L. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica centro de manobra en punto fronteira existente no Castelo, sita no concello de Lalín (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de outubro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº parc prox.

Pgno.

Parc.

Concello

Interesado/a

Acto que se notifica

1

150

136

Lalín

Herdeiros de Lucila Pardo Rielo

Solicitude de utilidade pública