Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46516

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 28 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 15 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de marzo de 2019 (DOG núm. 73, do 15 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.30.433A.770.0 e 11.30.433A.781.2, segundo o anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde o 28 de marzo de 2019, que se recollen no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO I

Aplicación

Nome

Actuación

Subvención

11.30.433A.781.2

Carlos Luis Domínguez Estévez

Sondaxes arqueolóxicas valorativas no soar da rúa Valentín Paz Andrade, 1, Bouzas, Vigo.

2.014,65 €

11.30.433A.781.2

José María Abreu Gómez

Control arqueolóxico das obras de apertura dunha piscina no predio do nº 132 de Camposancos, A Guarda.

375,00 €

11.30.433A.781.2

Mercedes Pedreira Ares

Sondaxes arqueolóxicas avaliativas no inmoble nº 1 da praza de San Roque, na cidade de Santiago de Compostela.

1.167,65 €

11.30.433A.781.2

Benito Anta Mera

Sondaxes arqueolóxicas valorativas na rúa Santiago, 4, Vigo.

984,64 €

11.30.433A.781.2

Xosé Alberte Alonso Carballeira

Sondaxes arqueolóxicas avaliativas derivadas da reestruturación da edificación situada na rúa Abeleira Menéndez, nº 7, no núcleo vello de Vigo.

938,36 €

11.30.433A.781.2

Javier Ángel Berbel Romero

Sondaxes arqueolóxicas manuais na contorna do Castro de Pedralán (GA36008034), concello de Cangas.

2.770,90 €

11.30.433A.781.2

José Antonio Grande Santos

Control arqueolóxico dos movementos de terras derivados das obras de reforma de baixo para vivenda no número 27 da rúa Porta do Sol, Sabarís, Baiona (Pontevedra).

532,40 €

11.30.433A.781.2

María Elena Lago Pousa

Sondaxes arqueolóxicas manuais no inmoble nº 3 da rúa Santiago, Vigo, Pontevedra.

1.318,90 €

11.30.433A.781.2

José Manuel Brea Floriani

Sondaxes arqueolóxicas valorativas no contexto da rehabilitación integral dunha vivenda na rúa Conde de San Román, 13, Pontevedra.

1.010,35 €

11.30.433A.781.2

José Vázquez Diéguez

Control arqueolóxico mediante escavación mecánica en área, das obras do proxecto modificado e refundido da explotación de galiñas poñedoras ecolóxicas, no lugar da Cruz, parroquia de Santiso, Lalín, Pontevedra.

853,00 €

11.30.433A.781.2

María Albor Valladares

Control arqueolóxico mediante escavación mecánica en área, das obras do proxecto de ampliación de cebadeiro de porcino en Caxide, Asperelo, Rodeiro, Pontevedra.

646,60 €

11.30.433A.781.2

Gaspar Álvarez Vilacoba

Sondaxes arqueolóxicas valorativas das obras de rehabilitación de vivenda unifamiliar no lugar da Gándara, 41, Pontevedra.

605,00 €

11.30.433A.770.0

CMVMC de Laza, Souteliño e Cimadevila

Control arqueolóxico de corta na CMVMC de Laza, Cimadevila e Souteliño, no contorno da Estación de Arte Rupestre das Pisadiñas (GA32039001), parroquia de San Xoán de Laza (concello de Laza, Ourense).

1.875,50 €

ANEXO II

Solicitante

Actuación

Motivo

María José Castro Tarela

Control arqueolóxico da rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa Santísima Trinidade, nº 6, Baiona.

Incumprimento do artigo 8 da Orde do 28 de marzo de 2019 (DOG núm. 73, do 15 de abril). O prazo de presentación de solicitudes remataba o día 15 de maio de 2019.