Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46607

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Agrulema, S. Coop. Galega

ANUNCIO do balance final e do proxecto de distribución do activo.

O 25 de setembro de 2018, os socios da cooperativa acordaron o balance final e o proxecto de distribución do activo seguinte:

O balance ten no activo unha tesouraría con 6.941,48 € e no pasivo as partidas de capital con 6.010,12 €; fondo acumulado de retornos con 183,10 €; fondo de reserva obrigatorio con 716,07 € e fondo de educación con 32,19 €.

O proxecto de distribución concrétase en entregar ao Consello Galego de Cooperativas o fondo de reserva obrigatorio e mais o fondo de educación, mentres que o resto dos fondos do activo seralle entregado aos socios segundo a súa participación en cada un deles.

A Pastoriza-Lugo, 4 de outubro de 2019

Carlos Juan Otero Otero
Manuel Legaspi Gesto
Alonso Grandela Novoa
Liquidadores