Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sito no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (expediente IN661A 2018/1-1).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de EDP Renovables España, S.L.U. en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 15.4.1998 a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu autorizar as instalacións electromecánicas, aprobar o proxecto de execución e recoñecer a condición de instalación acollida ao réxime especial do parque eólico Corme G-3 (núm. de expediente: 1/97).

O 4.7.2000 a Delegación Provincial da Consellería de Industria autorizou a posta en servizo das instalacións do parque eólico Corme G-3.

Segundo. O 24.1.2017 Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da repotenciación do parque eólico Corme G-3, segundo o previsto no Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Coa dita solicitude o promotor achegou o anteproxecto de repotenciación, coa súa correspondente memoria ambiental.

Terceiro. Mediante escrito do 22.3.2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático informou de que, de acordo co previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o proxecto da repotenciación do parque eólico Corme G-3 debía ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental ordinaria. Así mesmo, comunicaba que, co obxecto de elaborar o documento de alcance do estudo de impacto ambiental, se iniciase o período de consultas ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas previsto no artigo 34 da citada lei.

Cuarto. O 22.5.2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o documento de alcance do estudo de impacto ambiental, establecendo os organismos que deberían ser consultados.

Quinto. O 17.10.2017 Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. completou a solicitude presentada o 24.1.2017 achegando o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de desmantelamento do parque eólico Corme G-3, actualmente implantado.

Sexto. O 2.11.2017 Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. solicitou a aprobación do proxecto sectorial da repotenciación do parque eólico Corme G-3.

Sétimo. O 23.11.2017 EDP Renovables España, S.L.U. solicitou a tramitación do expediente da repotenciación do parque eólico Corme G-3 (en diante, parque eólico) conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e a declaración de utilidade pública para o parque eólico.

Oitavo. O 11.12.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a transmisión da titularidade de parques eólicos das sociedades Desarrollos Eólicos de Galicia, S.A.U. e Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. (sociedades absorbidas) a favor de EDP Renovables España, S.L.U. (sociedade absorbente), entre as cales se atopa o parque eólico.

Noveno. O 29.12.2017 o promotor solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 15.2.2018 o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto do parque eólico como de interese especial.

Décimo. O 23.1.2018 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Décimo primeiro. Mediante o Acordo do 21 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña (en diante, Xefatura Territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5 de abril de 2018 e no xornal La Voz de Galicia do 3 de abril. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado (Ponteceso), da Xefatura Territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no anexo desta resolución:

– A Axencia Galega de Infraestruturas manifesta que, de acordo co establecido na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o promotor deberá obter, previamente á execución das obras, a preceptiva autorización para a realización dos traballos descritos no proxecto que afectan a estrada autonómica AC-424.

– Deberíase solicitar informe da Mariña Mercante para que avalíe a instalación dos aeroxeradores ante a posibilidade de existencia de escintileos luminosos, xa que o parque se atopa entre os faros do Roncudo e das illas Sisargas.

– Oposición á declaración de utilidade pública, xa que o promotor solicita a expropiación de terreos dos cales xa dispón mediante contratos de arrendamento e, ademais, non se pode acudir á expropiación sen tentar previamente un acordo cos titulares.

– O promotor pretende a expropiación de novos predios sen presentar unha xustificación sobre a imposibilidade de executar o proxecto sobre aquelas parcelas de que xa dispón.

– O promotor ten subscritos numerosos contratos de arrendamento en vigor coa maioría dos propietarios do actual parque eólico Corme, os cales pretende renegociar, e ante a negativa dos propietarios, solicita ante a Administración a declaración de utilidade pública para que os terreos sexan expropiados. O presuposto da necesidade de ocupación non se produce neste caso, posto que o promotor xa ten o posesión dos terreos.

– Mencionan diversas sentenzas do Tribunal Supremo sobre supostos similares nas cales se establece a imposibilidade de declarar a utilidade pública cando xa existe a plena dispoñibilidade dos terreos, así como a vinculación directa entre a utilidade pública e a necesidade de ocupación.

– Falta de información por parte da empresa ás persoas interesadas, especialmente tendo en conta a idade avanzada de moitas delas.

– Desacordo coas compensacións pola utilización dos predios.

– Con respecto á relación de bens e dereitos afectados (RBDA) estase ocultando a situación xurídica dos terreos afectados, pois que no parque eólico Corme G-3 o promotor xa ten ao seu dispor a práctica totalidade dos terreos que se pretenden expropiar, tendo subscrito contratos de arrendamento coa maioría dos propietarios. A estes contratos aínda lle quedan varios anos de vixencia (foron subscritos por un período de 25 anos, prorrogables por períodos sucesivos de 10 anos) e a súa finalidade é o desenvolvemento da mesma actividade para a cal se solicita a autorización.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados (RBDA), maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– Dúas epígrafes do proxecto, unha delas sobre información adicional do aeroxerador e a outra sobre especificacións da fibra óptica, figuran en inglés, o que imposibilita a súa lectura e comprensión.

– Desacordo co prazo do trámite de información pública, xa que se entende que é de aplicación o Decreto 138/2010, do 5 de agosto, o cal establece o prazo dun mes, e non a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

– Solicítase un novo trámite de información pública e que se denegue a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial e o estudo de impacto ambiental.

– En vista do recollido no estudo de impacto ambiental, mostran a súa preocupación polo impacto do proxecto sobre os espazos protexidos da Rede Natura e sobre a fauna, así como pola contaminación acústica que poida provocar nos núcleos de poboación máis próximos. Consideran insuficientes e ineficientes as medidas preventivas e correctoras que prevé o promotor para garantir que os valores de presión sonora non superen os limites establecidos na lexislación.

– A documentación presentada polo promotor sometida a información pública non cumpre co disposto no artigo 12 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

– Expoñen que existen dúas afeccións evitables, unha relativa á poza próxima á posición do actual aeroxerador CO-12 (onde está previsto colocar o CO-2 do novo parque), na cal figuran especies protexidas, e a outra, ao petróglifo da Gurita, próxima ao novo aeroxerador CO-3, polo que se deberían adoptar as medidas oportunas para garantir a súa conservación por parte dos organismos competentes, para o que se propón o recuamento dos aeroxeradores aludidos.

– Non se xustifican os criterios empregados para decidir a localización dos tres aeroxeradores que non manteñen a súa situación actual, a pesar de que o proxecto se sitúa en zonas de especial protección.

– O promotor indica no proxecto que non se desmantelarán aqueles vieiros que favorezan o acceso aos predios e aos labores agrícolas, forestais ou gandeiros, pero non consensuou esta circunstancia cos afectados. Os planos presentados son confusos, do que resulta imposible determinar os camiños que van permanecer e os que se van suprimir.

– O proxecto non prevé a retirada da totalidade da cimentación dos aeroxeradores do parque eólico actual nin o desmantelamento das canalizacións eléctricas subterráneas, polo que reclaman que se garanta a reposición do espazo ao seu estado orixinal previo á construción do parque actual.

– No proxecto sectorial non consta o proxecto arqueolóxico preceptivo nin a avaliación de impacto cultural.

– No proxecto non consta a realización do preceptivo estudo de efectos acumulativos.

– Un dos novos aeroxeradores que se vai instalar afecta a Poza da Lagoa, zona húmida protexida pola Rede Natura, polo que se solicita a modificación da súa situación.

– Os proxectos técnicos non se basean en datos comprobados, xa que estes son do ano 2017 e as catas sobre o terreo non se executaron ata o ano 2018.

– A ruta prevista para que os transportes leven os compoñentes principais dos aeroxeradores afecta varios predios, existe unha ruta alternativa menos prexudicial e na documentación sometida a información pública non se valoraron outras alternativas.

– Na solicitude do promotor non se tivo en conta o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, polo que non se recollen as afeccións que se establecen nesta lei. Esta cuestión tampouco se tivo en conta nos informes emitidos sobre o impacto ambiental, cultural e turístico.

– Dado que a aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, supón o establecemento de limitacións sobre as parcelas que se ven afectadas pola xestión da biomasa, deberíase prever esta circunstancia no proxecto técnico e os propietarios deberían ser incluídos na relación de bens e dereitos afectados (RBDA). Vulnerouse o trámite de audiencia respecto a estes propietarios pois que non foron notificados da información pública.

– Solicitan que se denegue a declaración de utilidade pública e as autorizacións administrativas e que o promotor formule unha nova solicitude adaptando o proxecto á Lei 3/2007, do 9 de abril.

Décimo segundo. O 16.4.2018 a Xefatura Territorial remitiu, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Axencia Galega de Infraestruturas, Unión Fenosa Distribución, S.A., Deputación Provincial da Coruña, Agencia Estatal de Seguridad Aérea e Concello de Ponteceso.

Décimo terceiro. O 7.5.2018 a Axencia Galega de Infraestruturas emitiu o correspondente condicionado. O 22.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo cuarto. O 15.5.2018 reiteráronse as solicitudes para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos a Unión Fenosa Distribución, S.A., á Deputación Provincial da Coruña, á Axencia Estatal de Seguridade Aérea e ao Concello de Ponteceso.

Décimo quinto. O 7.6.2018 Unión Fenosa Distribución, S.A. emitiu o correspondente condicionado. O 22.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo sexto. O 6.7.2018 a Deputación Provincial da Coruña emitiu o correspondente condicionado. O 22.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo sétimo. O 5.9.2018 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado.

Décimo oitavo. O 26.10.2018 a Xefatura Territorial emitiu o informe sobre o proxecto de desmantelamento do parque eólico Corme G-3 e o proxecto de execución do parque eólico repotenciado. Coa mesma data, remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo noveno. O 5.11.2018 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático recibiu o expediente ambiental do proxecto do parque eólico. O 29.11.2018 ese órgano recibiu documentación para engadir ao expediente de avaliación de impacto ambiental.

Vixésimo. O 4.12.2018 o promotor achegou o documento Proxecto de execución. Addenda. Axuste de potencia (novembro de 2018) para limitar a potencia de xeración do parque á capacidade actual do nó de conexión á rede de distribución.

Vixésimo primeiro. O 14.1.2019 e o 14.2.2019 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático comunicou a necesidade da emenda do expediente de referencia, de conformidade co artigo 40.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, e solicitou aclaracións a esta dirección xeral en relación coa representación gráfica da poligonal de delimitación do parque eólico.

Vixésimo segundo. O 4.2.2019 José Ramón Dourado Lema presentou un escrito dirixido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no cal formulou unha serie de cuestións en relación co expediente de referencia.

Á vista do dito escrito, o órgano ambiental considerou o 11.3.2019 que o expediente debía ser completado no que atinxe á avaliación dos posibles efectos do proxecto en relación cos campos electromagnéticos e co efecto pestanexo de sombras ou shadow flicker.

Vixésimo terceiro. O 19.2.2019 e o 1.3.2019 EDP Renovables España, S.L.U. achegou documentación en que se exclúen todas aquelas actuacións relacionadas co acceso xeral ao parque localizadas fóra da súa poligonal de delimitación, coincidente coa ADE. Así mesmo, entre a documentación achegada atópase a Addenda proxecto de execución (febreiro de 2019).

Vixésimo cuarto. Para dar resposta ao requirido polo órgano ambiental o 11.3.2019, a que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo segundo, EDP Renovables España, S.L.U. presentou o 2.4.2019 documentación ambiental complementaria.

Á vista da dita documentación, o órgano ambiental considerou oportuno contar co informe da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Vixésimo quinto. O 16.4.2019 o órgano ambiental estableceu a necesidade de corrixir e completar a documentación presentada por EDP Renovables España, S.L.U., á cal se fai referencia no antecedente de feito vixésimo terceiro.

Vixésimo sexto. O 23.4.2019 a Asociación de Veciños Eduardo Pondal solicitou que se tivese por desistida de todas as alegacións formuladas en relación co expediente de referencia.

Vixésimo sétimo. O 7.5.2019 esta dirección xeral remitiu documentación ao órgano ambiental ao respecto da representación gráfica da poligonal do parque eólico.

Vixésimo oitavo. O 14.5.2019 o órgano ambiental recibiu o informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, a que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo cuarto.

Vixésimo noveno. O 24.5.2019 publícase no DOG unha corrección do erros do Acordo do 21 de marzo de 2018 da Xefatura Territorial.

Trixésimo. O 27.5.2019 a Asociación de Veciños Eduardo Pondal presentou un escrito en que manifestou que se opón á autorización do proxecto eólico.

Trixésimo primeiro. O 12.6.2019 o órgano ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Anuncio do 14 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (DOG núm.122, do 28 de xuño).

Trixésimo segundo. O 26.7.2019 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co Proxecto de execución. Addenda. Axuste de potencia (novembro de 2018) e coa Addenda proxecto de execución (febreiro de 2019).

Trixésimo terceiro. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución para unha potencia de 18,30 MW, de acordo co informe do xestor da dita rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. As autorizacións que por esta resolución se outorgan ao parque eólico outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións.

2. No que respecta ás solicitudes de denegación de utilidade pública, o promotor manifestou a súa vontade de alcanzar acordos cos titulares dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico. No caso de que non se chegue a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable. Así mesmo, cómpre indicar que estas alegacións serán tidas en conta na resolución do procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico, que non é obxecto da presente resolución.

3. Tomouse razón de todas as manifestacións relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como dos documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles. Así mesmo, cómpre indicar que estas alegacións serán tidas en conta na resolución do procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico, que non é obxecto da presente resolución.

4. No que respecta ao prazo correspondente ao trámite de información pública, cómpre manifestar que o promotor se acolleu á tramitación do expediente do parque eólico, conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, e que o Consello da Xunta de Galicia declarou o 15.2.2018 o proxecto do parque eólico como de interese especial, para os efectos do establecido na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

5. No relativo ás afeccións de carácter ambiental do proxecto, en especial aquelas referentes aos niveis de ruído e ao efecto de pestanexo (shadow flicker), así como aos posibles efectos acumulativos ou sinérxicos, cabe indicar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental que corresponde, como resultado do cal a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o 12.6.2019 a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización do parque eólico, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que pode desenvolverse o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

En resposta ás alegacións ambientais que fan referencia á afección do proxecto á Rede Natura, débese ter en conta o establecido no artigo 32 da Lei 8/2009, do 22 de decembro:

«Quedan excluídos da implantación de novos aeroxeradores aqueles espazos naturais declarados como zonas de especial protección dos valores naturais por formaren parte da Rede Natura 2000, conforme a normativa vixente en cada momento. Exceptúanse do anterior as modificacións de parques eólicos en explotación cando a dita modificación supoña unha redución de, polo menos, o 50 % dos aeroxeradores previamente instalados na devandita zona de Rede Natura».

6. En relación coa ruta prevista para os transportes especiais, o promotor manifesta que esta foi seleccionada por criterios técnicos, de acordo co fabricante dos aeroxeradores, resultando inviables as demais rutas alternativas.

7. No relativo aos riscos de incendios, o promotor deberá cumprir co exixido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ou normativa que lle sexa de aplicación.

8. No que respecta á necesidade de solicitar informes específicos, cómpre indicar que na tramitación do procedemento se solicitaron todos os informes sectoriais preceptivos, de acordo coa normativa de aplicación.

Cuarto. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 12.6.2019, e recollida no antecedente de feito trixésimo primeiro desta resolución:

a) Na epígrafe 5 da DIA recóllese a proposta que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, este Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no EIA e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta proposta de DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3).

Nas epígrafes 3 e 4 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

3.2. Protección da atmosfera, poboación e saúde.

3.3. Protección das augas e leitos fluviais.

3.4. Protección do solo e infraestruturas.

3.5. Xestión de residuos.

3.6. Protección da fauna, vexetación, hábitats, espazos protexidos e outros valores naturais.

3.7. Protección do patrimonio cultural.

3.8. Integración paisaxística e restauración.

3.9. Outras condicións.

4. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

Quinta. Tendo constancia do procedemento DPA 0000010/2019, aberto no Xulgado de Primeira Instancia de Carballo, no auto ditado polo xuíz instrutor o 8.8.2019, indícase o seguinte:

«Pois ben, consta en autos que o día 18 de xullo de 2019 o perito xudicial presentou informe pericial que lle foi encomendado, no cal se contén unha conclusión sobre o eventual cumprimento da normativa de ruído por parte do parque eólico en cuestión.

En tal situación, desaparecería o requisito del periculum in mora nas presentes actuacións, considerando que, unha vez realizado o informe encargado ao perito xudicial, non hai ningún obstáculo para que se proceda ao desmantelamento do parque eólico en cuestión.

Por un lado, por canto, recibido aquel informe pericial, xa non restaría por practicar ningunha dilixencia de investigación que afecte materialmente o parque eólico, sen que por tanto exista necesidade (desde o punto de vista desta instrución) de manter a súa infraestrutura indemne».

No citado auto, o xuíz instrutor rexeita a medida cautelar de paralización do expediente administrativo de autorización da modificación substancial do parque eólico Corme por falta do presuposto de periculum in mora.

Á vista do exposto, non existe indicación por parte do xuíz instrutor en contra da prosecución do procedemento para ditar esta resolución.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Corme G-3, cuxas características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: EDP Renovables España, S.L.U.

Domicilio: rúa Amio, 114 P.E. Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: desmantelamento do parque eólico Corme (proxecto datado no 9/2017 e asinado dixitalmente polo proxectista o 10.10.2017).

Potencia instalada: 18,30 MW (61 aeroxeradores de 300 kW).

Concellos afectados: Ponteceso (A Coruña).

Orzamento de execución material: 472.558,65 €.

Características técnicas das instalacións que se van desmontar:

– 61 aeroxeradores DESA/A-300, cunha altura ata a buxa de 30 m e un diámetro de rotor de 30 m, con xerador de 300 kW de potencia nominal unitaria.

– 20 CT elevadores en envolvente de formigón prefabricado (situados no exterior do fuste).

– Rede eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e á subestación de evacuación do parque eólico existente (parque eólico Corme), composta de 3 circuítos. Desmantelamento e restauración das canalizacións que queden sen uso.

– 5 torres meteorolóxicas.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa previa para o parque eólico Corme modificación substancial, sito no Concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido pola sociedade, EDP Renovables España, S.L.U., para unha potencia de 18,30 MW.

Terceiro. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución do parque eólico composto polos seguintes elementos:

– Proxecto de execución. Repotenciación parque eólico Corme. Termo municipal de Ponteceso (A Coruña). Setembro de 2017, co seu anexo I, asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea, colexiado núm. 574 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

– Proxecto de execución. Repotenciación parque eólico Corme. Addenda. Axuste de potencia termo municipal de Ponteceso (A Coruña). Novembro de 2018, asinado polo enxeñeiro industrial José Luis Morera Barragán, colexiado núm. 4417 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Andalucía Occidental, con visado núm. SE1801541 do 30.11.2018.

– Addenda proxecto de execución (febreiro de 2019), asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea, colexiado núm. 574 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: EDP Renovables España, S.L.U.

Domicilio: rúa Amio, 114 P.E. Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Corme modificación substancial.

Número de aeroxeradores: 7.

Potencia unitaria: 2.625 kW limitada CO.5 a 2.550 kW.

Potencia que se vai instalar: 18,30 MW.

Concellos afectados: Ponteceso (A Coruña).

Produción media anual neta estimada: 77,30 GWh/ano.

Orzamento de execución material: 17.931.869,87 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P. E. Corme
Modificación substancial

Vértices poligonal

Coordenadas UTM

(ETRS89, fuso 29)

X

Y

1

506.425

4.791.716

2

505.275

4.792.606

3

503.575

4.793.136

4

502.225

4.792.516

5

501.205

4.791.506

6

501.875

4.790.286

7

505.375

4.790.896

Localización dos aeroxeradores:

Coordenadas UTM (ETRS89, fuso 29)

Nº aeroxerador

X

Y

CO.1

501.709

4.791.747

CO.2

501.958

4.791.607

CO.3

502.066

4.791.289

CO.4

503.662

4.792.644

CO.5

503.901

4.792.422

CO.6

504.484

4.792.447

CO.7

504.781

4.792.394

Localización das torres meteorolóxicas:

Coordenadas UTM (ETRS89, fuso 29)

Torre meteorolóxica

UTM-X

UTM-Y

TM-1

503.550

4.792.861

TM-2

505.061

4.792.504

Características técnicas das instalacións:

– 7 aeroxeradores Gamesa G-114, cunha altura ata a buxa de 93 m e un diámetro de rotor de 114 m, con xerador asíncrono de 2.625 kW potencia nominal unitaria e cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 2.750 kVA de relación de transformación de 0,69/20 kV, montados sobre fuste tubular metálico. Limitarase a potencia do aeroxerador CO.5 a 2.550 kW para conseguir adaptar a potencia de xeración nominal do total do parque repotenciado á capacidade actual de evacuación do nó, de 18,30 MW.

– Rede eléctrica soterrada a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación de evacuación do parque eólico existente (parque eólico Corme G-3) composta por 3 circuítos con condutores tipo HEPRZ1-12/20 kV (Al) de diferentes seccións (95/240 mm²) nos correspondentes tramos.

– O parque eólico repotenciado conectarase coa subestación transformadora do parque eólico Corme-G3 existente: cun parque e posición de liña de 66 kV, con saída aérea á subestación Cabana 66 kV (propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.); unha posición de transformador con potencia nominal 25 MVA; relación de transformación 20/66 kV e grupo de conexión YNd11; e 2 posicións de liña en parque de 20 kV para a conexión dos 3 circuítos que compoñen a rede eléctrica soterrada de 20 kV do parque. As adaptacións necesarias nesta subestación serán obxecto dun proxecto independente.

– Rede de terras xeral, de xeito que as instalacións electromecánicas e a subestación do parque eólico forman un conxunto equipotencial.

– 2 torres meteorolóxicas de 93 m de altura.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, EDP Renovables España, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento da obriga de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 134.489 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir a obriga de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade coa disposición transitoria cuarta, número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica que lle resulten de aplicación.

6. Previamente ao inicio das obras de desmantelamento das instalacións existentes, o promotor comunicará a data de comezo dos traballos á Dirección Xeral de Enerxía e Minas e á Xefatura Territorial da Coruña.

Finalizado o dito desmantelamento e logo das comprobacións técnicas que se consideren oportunas, a Xefatura Territorial da Coruña emitirá a correspondente acta de peche, de acordo co establecido no artigo 41.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o cal se comunicará á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

7. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxias que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións de infraestruturas próximas.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, o promotor deberá presentar, ante a Xefatura Territorial, un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia e, así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas un plano As built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, xunto coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante á dita xefatura territorial un certificado do fabricante en que conste a limitación de potencia das máquinas que garanta que a potencia instalada non supera en ningún momento a potencia autorizada por esta resolución.

9. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 12.6.2019 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

10. No caso de que se manifesten perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, EDP Renovables España, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, precedendo audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Alegacións presentadas durante a tramitación do procedemento

Manuela Martínez Méndez, o 17.4.2018; Agustín Blanco Blanco, o 18.4.2018; José Figueroa Neira, o 18.4.2018; José Novo Méndez, o 19.4.2018; Rocas Ornamentales Torres de Mens, S.L., o 20.4.2018; Mª Ángeles Martínez Ourens, o 20.4.2018; Luis García Lema, o 20.4.2018; Axencia Galega de Infraestruturas, o 23.4.2018; Manuel Cousillas Veiga, o 24.4.2018; Josefa Baneira Torrado, o 24.4.2018 e o 27.6.2018; Manuel Varela García, o 26.4.2018; Asociación de veciños Eduardo Pondal, o 26.4.2018, o 20.9.2018, o 2.10.2018 e o 25.10.2018; Asociación de afectados polos parques eólicos Fonte do Xardín, o 26.4.2018; Jesús Castro Castro, o 27.4.2018; hdros. de Rosa Camiño Méndez, o 27.4.2018; hdros. de Dolores Méndez Ourens, o 27.4.2018; hdros. de Serafina Alvarellos Nuñel, o 27.4.2018; Perfecto Pose Nuñel, o 27.4.2018; Eliseo Varela Recarey, o 27.4.2018; hdros. de Etelvina Chans Fuentes, o 27.4.2018; Modesto José Martínez Figueiras, o 27.4.2018; Estrella Méndez Puñal, o 27.4.2018; hdros. de Josefa Suárez Lema, o 27.4.2018; Serafina Alvarellos Nuñel, o 27.4.2018; Antonio García Martínez e Manuel García Martínez, o 27.4.2018; María Méndez Ourens, o 27.4.2018; hdros. de Rosa Méndez Ourens, o 27.4.2018; hdros. de Perfecto Pose Nuñel, o 27.4.2018; Estrella Méndez Puñal, o 27.4.2018; Josefa Cotelo Ourens, o 27.4.2018; hdros. de José M. Centeno Doldán, o 27.4.2018; José Doldán Varela e Dolores Álvarez Martínez, o 27.4.2018; hdros. de Serafín Lema Pose, o 27.4.2018; Josefa Chans Camiño, o 27.4.2018; Rafael Varela Chans, o 27.4.2018; Carmen Varela Varela, o 27.4.2018; Josefa Baneira Varela, o 27.4.2018; María Luz Varela Varela, o 27.4.2018; Eduarda Celia Nuñel Pérez, o 27.4.2018; Adolfo Alvarellos Blanco, Jesús Alvarellos Blanco e Manuel Alvarellos Blanco, o 27.4.2018; Carmen Méndez Chans, o 27.4.2018; Ramona Doldán Puñal, o 27.4.2018; Francisco Gómez Doldán, o 27.4.2018; Jesús Martínez Puñal, o 27.4.2018; Estrella Nuñel Méndez e Mª Carmen e Andrea, o 27.4.2018; Jesús Martínez Lema, José Martínez Lema, María Jesús Martínez Lema, Manuel Martínez Lema e Ramón Martínez Lema, o 27.4.2018; Ignacio Cereijo Rial, o 27.4.2018; Dolores García Lorenzo, o 27.4.2018; María Dolores Facal Méndez, o 27.4.2018; Carmen Andrade Villanueva, Celia Villanueva Martelo e outros, o 27.4.2018; María Estrella García Méndez, o 27.4.2018; José Doldán Varela, o 27.4.2018; hdros. de Francisco Carrillo Antelo, o 27.4.2018; Basilio Baña Vila e Erundina Alvarellos Pailos, o 27.4.2018; Andrea Blanco Puñal, María Silvia Blanco Medina e Daniel Blanco Medina, o 27.4.2018; Erundina Alvarellos Pailos, o 27.4.2018; hdros. de José Méndez Méndez, o 27.4.2018; Manuel Méndez Méndez, o 27.4.2018; hdros. de Jesús Méndez Méndez, o 27.4.2018; Estrella Ourens Torrado, o 27.4.2018; Luis Manuel Moreira Varela, o 27.4.2018; hdros. de Josefa Lema Rey, o 27.4.2018; Josefa Lema Gómez, o 27.4.2018; José Nuñel Blanco, o 27.4.2018; Jesús Cruz Camiño, o 27.4.2018; hdros. de Gervasio García Serantes, o 27.4.2018; hdros. de José Lema Castro, o 27.4.2018; Mª del Carmen Lema Varela, o 27.4.2018; Cecilia Martelo Villanueva, Lucinda Andrade Villanueva e Carmen Andrade Villanueva, o 27.4.2018; hdros. de Carmen Ferreiro Costa, o 27.4.2018; Centeno Souto, o 27.4.2018; Manuel Ourens Figueira, o 27.4.2018; Irmáns Gómez Collazo, o 27.4.2018; hdros. de José Antonio Ferreiro Centeno, o 27.4.2018; hdros. de Rosa Pasandín Ferreiro, o 27.4.2018; Manuela Cotelo Méndez, o 27.4.2018; Rosa Castro Lema, o 27.4.2018; Manuela Castro Pailos, o 27.4.2018; hdros. de Carmen Chans Camiño, o 27.4.2018; Dolores Lema Gómez, o 27.4.2018; Carmen Camiño Antelo, o 27.4.2018; Áurea Ourens Saleta, o 27.4.2018; Eduardo José Lema Camiño, o 27.4.2018; M. Rosa Blanco Camiño, o 27.4.2018; hdros. de Manuel Fariña García, o 27.4.2018; Dolores Ourens Figueira, o 27.4.2018; Avelina Puñal Pailos, o 27.4.2018; Manuel Varela Suárez e Antonio Varela Suárez, o 27.4.2018; Nieves García Álvarez, no nome de hdros. de Gervasio García Serantes, o 3.5.2018; Ignacio Rial Cereijo, o 3.5.2018; Manuel Pose Carneiro, o 3.5.2018; Rosa Méndez López, o 4.9.2018; Jesús Ramón Suárez Torrado, o 4.5.2018; Manuel Enrique Suárez Torrado, o 4.5.2018; Manuel Ferreiro García, no nome de hdros. de Jesusa García Moreira, o 5.5.2018; Emilia Blanco Ferreiro, Perfecto Blanco Ferreiro, Teresa Blanco Ferreiro, Andrea Blanco Puñal, Demetrio Blanco Puñal e Manuel Blanco Puñal, o 5.9.2018; Dolores Ourens Torrado, o 5.9.2018; Ángela Varela Souto, o 5.9.2018; hdros. de Julio Figueroa Neira, o 5.9.2018; José Mª Cousillas Pailos, o 5.9.2018; Joaquín Pombo Chans, o 5.9.2018; Josefa Ourens Torrado, o 5.9.2018; José Ourens Torrado, o 5.9.2018; Manuel Castro Calvo, Jesús Ourens Calvo, José M. Ourens Calvo, Josefa Ourens Calvo, Natalia Ourens Calvo, Teresa Ourens Calvo, Manuel V. Ourens Torrado, Cesareo Ourens Varela e Serafín Ourens Varela o 5.9.2018; Manuel Castro Calvo, Jesús Ourens Calvo, José M. Ourens Calvo, Josefa Ourens Calvo, Natalia Ourens Calvo, Julio Ourens Calvo, Manuela Ourens Calvo, o 5.9.2018; Adelaida Centeno Doldán, o 7.5.2018; Teresa Moreira Varela, o 8.5.2018; hdros. de Ramón Torrado Baña, o 10.5.2018; Jesús Puñal Méndez, o 23.8.2018; Manuel Puñal Méndez, o 23.8.2018; BNG de Ponteceso, o 12.11.2018; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, o 13.11.2018; José Ramón Dourado, o 5.12.2018 e o 7.1.2019.