Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de outubro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición do 16 de setembro de 2019, ante a imposibilidade de notificación en domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de reposición do 16 de setembro de 2019, polo que procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente: recurso de reposición.

DNI: 33252759A.

Acto de notificación: resolución.