Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de outubro de 2019 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, ás persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

Observacións

1

***1739**

Fernández Abalde, Félix

12

PRC994000036560002

PR

Xefatura Sección Técn. Infraestrutur. e Mantemento

A1/A2

25

Servizos periféricos

Edificio Administrativo (Vigo)

Vigo

 

Horario especial

2

***9651**

Conde Bruces, María

4

EIC991000015001133

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

 

 

3

***8034**

Becerra Arrojo, Alberto

11

PRC991000027001005

PR

Xefatura Sección Mantemento

A2

25

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

 

Horario especial

4

***9633**

Nieto Merino, Álvaro

1

EI3010000115770019

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

 

 

5

***5972**

Martín Madroño, David

8

FCC050000615770007

FC

Xefatura Sección Técnica de Verificacións

A1/A2

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

Subdirección Xeral de Seguimento e Control dos Fondos Comunitarios

Santiago de Compostela

Permiso conducir B (R.I.)

 

6

***1942**

Álvarez Fraguas, Roberto

7

EIC991000032001070

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Ourense

Ourense

 

 

7

***6286**

Vilariño Alonso, Zoila

9

INO110020015001021

EI

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Laboratorio de Consumo de Galicia (A Coruña)

A Coruña

Experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos (mérito)