En sesión que tivo lugar o 7 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 30 de outubro de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela.
Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2, goma de borrar e calculadora básica.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019
Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal