Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46850

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 55/2019).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 55/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Vidal Cores contra a empresa Automoción Villagarcía, S.A., sobre ordinario, ditouse decreto de insolvencia o 8.5.2019, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Automoción Villagarcía, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza