De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-755/2019-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2 f) citado.
A Coruña, 11 de outubro de 2019
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-755/2019-PPM |
53482426C |
Inicio |
Vilariño, 65, Cespón, Boiro |
PSC-CO-856/2019-PPM |
47354341D |
Inicio |
O Portiño, 39 baixo, A Coruña |
PSC-CO-870/2019-PPM |
52457904X |
Inicio |
Rúa Ulla, 1 A, 5º B, A Pobra do Caramiñal |
PSC-CO-907/2019-COP |
79335507C |
Inicio |
Dpto. 5 A, Porto de Muros, Muros |