Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Ferroatlántica, S.A. para a súa planta de ferroaliaxes situada no concello de Dumbría (expediente 2018-IPPC-M-23).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado Documento técnico para renovación de Autorización Ambiental Integrada. Fábrica de Dumbría. Febreiro 2019, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2018-IPPC-M-23.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0267_NAA/IPPC_060.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 2.5.a.

Titular: Ferroatlántica, S.A.

CIF: A80420516.

Enderezo do titular: Paseo de la Castellana, 259-D, 28046 Madrid.

Enderezo da instalación: estrada de Cee a Dumbría, s/n, 15151 Dumbría (A Coruña).

Actividade principal: a planta adícase á fabricación de ferrosilicio e microsílice. O ferrosilicio obtense por redución carbotérmica nuns fornos eléctricos trifásicos abertos de arco somerxido en que se acadan temperaturas da orde de 3.000 ºC. O microsílice obtense a partir da depuración por vía seca dos fumes xerados no proceso de fabricación do ferrosilicio.

As materias primas necesarias para a fabricación do ferrosilicio son o cuarzo, redutores (hulla, coque de petróleo e madeira), achegador de ferro, finos de ferrosilicio e calcaria.

Verteduras: a planta non realiza verteduras de augas residuais industriais (dado que o circuíto é pechado); as augas residuais pluviais e as perdas de refrixeración son depuradas mediante unha balsa de decantación, reutilizadas posteriormente para refrixerar fornos e máquinas e finalmente vertidas ao regato Valdeano (bacía do río Xallas); as augas residuais fecais son tratadas en dúas fosas sépticas de infiltración no terreo.