Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46913

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 8 de outubro de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS614A de concesión de subvencións destinadas a confederacións, federacións e a entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2019 e 2020, a través da Orde do 3 de xuño de 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño), axudas para a realización de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade para a promoción da igualdade de oportunidades proporcionando apoio a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade que faciliten a plena integración nos sistemas de educación ou formación, así como a adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades da vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlase no artigo 8 da Orde do 3 de xuño de 2019, e no artigo 9 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentada, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración. Segundo establece o artigo 14 da dita Orde do 3 de xuño de 2019 unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas que reuniron os requisitos establecidos e a documentación necesaria foron remitidas á comisión de valoración, órgano creado no seu artigo 15.

O órgano instructor, á vista do informe realizado pola comisión de valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 17 desta orde, elevou ao órgano competente para resolver.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 13, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia que producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 8 de outubro de 2019, ditada no procedemento BS614A de subvencións destinadas a confederacións, federacións e a entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 8 de outubro de 2019, que finaliza o procedemento, ponlle fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución de subvención:

Convocatoria: Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e a entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.

Antecedentes:

1. A Subdirección Xeral de Recursos Económicos unha vez consultada a base de datos do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, comprobou que as entidades solicitantes cumprían cos requisitos, establecidos na orde de convocatoria, de estar inscrita na área de discapacidade e na categoría de iniciativa social.

2. A Comisión de Valoración de Subvencións emitiu informe de valoración conxunto de todas as solicitudes presentadas acadando subvención todas as admitidas. Do total de solicitudes presentadas 1 entidade presentou a súa renuncia.

3. O órgano instrutor do procedemento informou que, de acordo coa documentación no seu poder, os beneficiarios que, de seguido se relacionan, cumpren cos requisitos necesarios para acceder a axudas da presente convocatoria, resulta acreditado que se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa da Facenda da Xunta de Galicia e que, así mesmo, se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

Por todo o anterior e, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, en virtude da competencia delegada no artigo 17.2 para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVO:

Primeiro. Admitir a renuncia, presentada o día 13.9.2019, pola representación da Asociación Andaina, para o proxecto 04-0018 Facendo camiño.

Segundo. A concesión das subvencións solicitadas para os seguintes proxectos co número de participantes previsto, total de horas de duración do proxecto, contías e porcentaxe de subcontratación solicitado, de ser o caso.

Código proxecto

Entidade

Proxecto

CIF

Participantes

Total horas

Importe 2019

Importe 2020

Importe total

 % subcont.

04-0001

Feafes

Proxecto de habilidades prelaborais para a inclusión sociolaboral plena de persoas con discapacidade a causa da enfermidade mental

G15545353

30

2.376,0

30.172,38 €

29.827,62 €

60.000,00 €

0,00 %

04-0002

FAXPG

Adquisición de habilidades para a vida autónoma e a mellora da empregabilidade

G15068091

36

514,0

6.342,77 €

6.646,01 €

12.988,78 €

0,00 %

04-0003

Cogami

Formación para o emprego da provincia da Coruña

G32115941

68

638,0

0,00 €

21.631,00 €

21.631,00 €

15,38 %

04-0004

Cogami

Formación para o emprego. Provincias de Lugo e Pondevedra

G32115941

82

1.397,0

0,00 €

40.496,33 €

40.496,33 €

0,00 %

04-0005

Cogami

Formación habilidades sociolaborais Ferrolterra

G32115941

8

675,5

5.167,72 €

10.832,28 €

16.000,00 €

0,00 %

04-0006

Agrupación Down Galicia: Oposicións

Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

G15665144

52

1.671,0

17.253,68 €

21.037,47 €

38.291,14 €

0,00 %

04-0007

Agrupación Down Galicia: Alfabetización

Alfabetización e formación básica en habilidades instrumentais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

G15665144

21

784,0

3.259,83 €

16.551,85 €

19.811,68 €

0,00 %

04-0008

Agrupación Down Galicia: Cognitivo

Estimulación cognitiva de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

G15665144

47

1.809,0

13.847,01 €

34.373,86 €

48.220,87 €

0,00 %

04-0009

Agrupación Down Galicia: Hostalería

Formación prelaboral e capacitación profesional no sector da hostalería para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

G15665144

7

450,0

0,00 €

11.371,50 €

11.371,50 €

0,00 %

04-0010

Agrupación Down Galicia: Persoal Servizos Xerais

Formación prelaboral en persoal de servizos xerais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

G15665144

6

206,0

0,00 €

5.205,62 €

5.205,62 €

0,00 %

04-0011

Fademga Plena Inclusión Galicia

Mellora nos accesos ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual do sur de Galicia, a través da formación, orientación e apoio en diversos procesos selectivos

G36620037

20

1.320,0

7.884,24 €

25.472,16 €

33.356,40 €

0,00 %

04-0012

Fademga Plena Inclusión Galicia

Mellora nos accesos ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual do norte de Galicia, a través da formación, orientación e apoio en diversos procesos selectivos

G36620037

30

1.980,0

11.826,36 €

38.208,24 €

50.034,60 €

0,00 %

04-0013

Agrupación Fademga Ado

Proxecto de formación autónoma para persoas con discapacidade intelectual

G36620037

8

700,0

4.245,36 €

11.754,64 €

16.000,00 €

0,00 %

04-0014

ASCM

COMPE: Adquisición de habilidades e competencias que fomenten a vida independente

G15161573

40

949,0

0,00 €

19.038,79 €

19.038,79 €

0,00 %

04-0015

Agrupación Fademga Bata

Iníciate á vida independente

G36620037

12

839,0

2.527,00 €

17.291,23 €

19.818,23 €

0,00 %

04-0016

Amicos

Itinerarios formativos para acceder a unha inserción laboral

G70169610

12

1.158,0

4.093,74 €

19.906,26 €

24.000,00 €

0,00 %

04-0017

Habilitas

Teño un plan 2

G70391537

8

618,0

4.648,20 €

11.317,26 €

15.965,46 €

0,00 %

04-0019

Ardai

Animola formativo 2019/20

G32456097

32

1.912,0

20.446,25 €

39.553,75 €

60.000,00 €

7,23 %

04-0020

Limisi

InclusioEDUCAemprego

G32302671

12

779,0

6.473,50 €

17.091,25 €

23.564,75 €

0,00 %

04-0021

Itinera

Habilidades para o estudo e orientación académica

G15983570

8

650,0

6.541,60 €

9.458,40 €

16.000,00 €

0,00 %

04-0022

Acoprós

Formación laboral en panadería e pastelería na discapacidade auditiva

G15048762

10

412,0

13.115,40 €

6.884,60 €

20.000,00 €

49,15 %

04-0023

Integra

Futuro XXI: 19-20

G36880615

20

1.610,0

15.010,38 €

24.989,62 €

40.000,00 €

0,00 %

04-0024

Integra

Capacitación del adolescente con DI a través de la reeducación pedagóxica

G36880615

9

792,0

8.712,00 €

9.288,00 €

18.000,00 €

0,00 %

04-0025

Itinera

Habilidades para o emprego

G15983570

7

235,0

0,00 €

6.523,75 €

6.523,75 €

0,00 %

04-0026

Itinera

Obradoiro iniciación silvicultura e mantemento zonas verdes

G15983570

7

230,0

4.955,50 €

1.456,00 €

6.411,50 €

0,00 %

04-0027

Xaruma

Roteiros prelaborais

G27746486

30

329,0

0,00 €

8.313,83 €

8.313,83 €

0,00 %

04-0028

Habilitas

Activándonos para sumar

G70391537

8

620,0

4.043,20 €

11.624,20 €

15.667,40 €

0,00 %

04-0029

Asdivalu

Destrezas e habilidades necesarias para a inserción social e laboral

G36331114

12

285,0

726,00 €

7.895,25 €

8.621,25 €

0,00 %

Terceiro. As contías correspondentes están cofinanciadas nun 80 % con fondos FSE do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 09: «Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.1: «A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego», obxectivo específico 9.1.1: «Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción», liña de actuación 115: «Asesoramento e formación para persoas con discapacidade».

Cuarto. As accións correspondentes a estes proxectos xustificaranse segundo o tipo de gasto ben a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67.1.b), 67.5.a), 68.bis.2 e 68.ter do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, ou ben, para o caso das subcontratacións, a través da xustificación por medio de documentos xustificativos de gasto e pagamento.

Quinto. En todo caso, as accións que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro, no Regulamento (UE) núm. 1304/2013, do 17 de decembro, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

Sexto. A aceptación da subvención implica a súa inclusión na lista pública de operación prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro.

Sétimo. Unha vez notificada a resolución da concesión da subvención, a beneficiaria poderá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación, comprometéndose a executar o proxecto ou proxectos subvencionados no prazo e condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Oitavo. O pagamento poderá realizarase nun primeiro pagamento do 60 % da contía da subvención concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario que corresponda, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da subvención. Para os casos que, de acordo co límite da anualidade, non percibisen esa contía, realizarase un segundo pagamento no primeiro trimestre da anualidade 2020 ata acadar ese 60 %. O 40 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.

Noveno. A xustificación comprenderá os proxectos realizados desde o 1 de xullo de 2019 ata o 30 de xuño de 2020 e presentarase con data límite o 10 de decembro de 2019 para os rematados na anualidade 2019 e o 20 de xullo de 2020 para os rematados na anualidade 2020. Serán imputables ao exercicio 2019 os gastos comprendidos entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2019 e ao 2020 os comprendidos entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020.

Décimo. A xustificación realizarase mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Anexo IV: solicitude de pagamento da axuda debidamente cuberta e asinada pola persoa que desempeña a representación da beneficiaria, na cal deberase facer constar de modo expreso o cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, así como o importe total do gasto subvencionable segundo custo unitario polas horas efectivamente traballadas dedicadas ao programa polas/os profesionais adscritos/as a el e o importe das subcontratacións autorizadas se for o caso.

b) Certificación das horas efectivamente traballadas por proxecto e acción dedicadas ao proxecto durante o período subvencionable por cada un/unha dos/das profesionais adscritos/as. Indicarase o tipo de relación ou vinculación coa beneficiaria e detalle do gasto subvencionable segundo hora efectivamente traballada, de acordo co modelo publicado na páxina web da Consellería de Política Social.

c) Follas mensuais das horas efectivamente traballadas polos profesionais. Indicaranse as tarefas realizadas, asinadas pola/o profesional e pola persoa responsable da beneficiaria, respecto de todas as persoas adscritas ao proxecto obxecto de subvención. Debe utilizarse obrigatoriamente o modelo publicado na páxina web da Consellería de Política Social.

d) Partes de asistencia dos/das alumnos/as. Debe constar o número de horas de formación, asinados pola persoa participante ou titor/a legal e a persona responsable técnica da realización da acción. Nos ditos partes deberán indicar de xeito veraz as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas.

e) Memoria xustificativa do/dos proxecto/s subvencionado/s e evidencias dos materiais elaborados. A memoria virá asinada pola persoa representante da beneficiaria, con descrición detallada das actuacións desenvolvidas con especial mención aos aspectos relativos ao procedemento seguido para a publicitación da convocatoria do proxecto formativo e para a selección dos candidatos, dos resultados obtidos así como da publicidade e divulgación que se realizou.

A memoria virá acompañada dun exemplar de todos os materiais elaborados, carteis, folletos, material didáctico, fotografías e outros documentos onde deberán figurar os logos da Unión Europea (FSE) e a imaxe corporativa da Consellería de Política Social, para os efectos de acreditar a realización da actividade e o cumprimento das obrigas de publicidade e información recollidos no artigo 20.

f) Cuestionarios de resultado inmediato e de produtividade, debidamente cubertos para cada unha das persoas participantes, segundo os indicadores de resultado e de produtividade recollidos na aplicación informática Participa 1420.

g) No caso de subcontratacións, deberá achegarse adicionalmente a seguinte documentación:

1º. Copia compulsada do contrato entre o beneficiario e a entidade subcontratista.

2º. Copia compulsada da factura emitida pola entidade subcontratada ao beneficiario na que se especifique claramente o título do proxecto financiado e o detalle dos gastos subvencionables obxecto da subcontratación. No caso de que sexan varias as facturas, todas elas deberán estar desagregadas e especificar o título do proxecto financiado e o detalle dos gastos subvencionables obxecto da subcontratación.

3º. Xustificantes do pagamento da factura da subcontratación.

4º. Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades no proxecto.

A xustificación do pagamento das facturas, documentos equivalentes e/ou substitutivos farase mediante xustificantes bancarios –xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo por portelo, certificación bancaria, etc., no caso de pagamento; no caso de pagamentos mediante cheque bancario, que será sempre nominativo, xuntarase a este a copia do extracto bancario onde figure o cargo en conta do dito cheque–, en que consten o número de factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa pagadora e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou beneficiaria que emite a factura. No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas de que é obxecto.

h) Declaración complementaria e actualizada na data da xustificación de todas as axudas ou subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais ou, se é o caso, declaración de que non se solicitaron outras axudas ou subvencións, segundo o modelo anexo V.

i) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de que non autoricen a súa consulta, segundo o modelo anexo VI.

j) Relación de persoas participantes en cada acción desenvolvida, en que figure o seu número de DNI, enderezo completo e teléfono de contacto, segundo o modelo que figure na páxina web da Consellería de Política Social. A esta relación anexarase a documentación xustificativa do cumprimento por cada participante dos requisitos establecidos nesta orde para acceder ás actividades subvencionadas ou comprobación de datos das persoas interesadas segundo o modelo anexo VII.

k) Ficha individualizada de cada unha das persoas participantes onde conste a/as acción/s formativas e datas en que participou, perfil da persoa participante e resultados obtidos, asinada pola participante e pola persoa responsable da beneficiaria segundo o modelo que figura na páxina web da Consellería de Política Social e nas ferramentas informáticas que se deseñen para esta finalidade.

Para os efectos de garantir a ratio de profesionais aplicados á execución das accións e os indicadores de resultados, non serán computables as persoas que non se identifiquen e para as cales non consten debidamente cubertas as referidas fichas de atención individualizada.

l) Folla individualizada de seguimento de cada participante onde conste un mínimo de tres intervencións presenciais das referidas no itinerario descrito no artigo 4.2, asinada pola persoa participante e pola persoa responsable da beneficiaria, segundo o modelo que figura na páxina web da Consellería de Política Social e nas ferramentas informáticas que se deseñen para esta finalidade.

m) Ficheiro electrónico das persoas participantes, só para aquelas entidades non usuarias da aplicación Participa 1420 e segundo os datos e indicadores de resultado ou de produtividade. Estas estatísticas achegaranse a través da aplicación informática Participa 1420 ou nas ferramentas informáticas que se deseñen para esta finalidade.

Undécimo. As beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas nesta orde e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do proxecto que fundamenta a concesión da subvención.

b) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida, así como os custos directos de persoal e, se for o caso, os relativos á subcontratación e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo deste plazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

c) Cumprir a obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos ás actuacións subvencionadas, terá que constar a condición de subvencionada pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

En todo caso, nos espazos de atención aos usuarios e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea e coa referencia ao Fondo Social Europeo e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

d) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos, figurando os emblemas de ambos os organismos, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

1º. Partes de asistencia e/ou de participación.

2º. Relacións e follas de seguimento.

3º. Enquisas de avaliación.

4º. Certificados de asistencia.

e) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento do proxecto que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e de resultado previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013, do 17 de decembro. Neste sentido, na súa cobertura deberá respectarse o principio de integridade dos datos.

Os indicadores de produtividade relativos á entidade beneficiaria refírense á data inmediatamente anterior ao inicio do proxecto subvencionado, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á súa finalización e as catro semanas seguintes. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice esta actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitado ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación do OI do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, Participa 1420.

f) Someterse ao cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas, no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/C, e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, na responsabilidade do tratamento da información nos servizos obxecto desta orde.

g) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

h) Facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas con Fondo Social Europeo, a beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

j) As entidades beneficiarias teñen a obriga de subministrar a información establecida no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

Duodécimo. As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, se o acto é expreso, ou seis meses a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen oportuno.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019.

A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 17.2 da Orde do 3 de xuño de 2019; DOG núm. 111, do 13 de xuño). Ildefonso de la Campa Montenegro, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.