Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 47013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso do mercado de Monte Alto (expediente 631/2019/60).

O Pleno municipal, na sesión do 12 de setembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Cambiar o uso de abastecemento público AB (Pb) e asistencial público AS (Pb) da parcela de titularidade municipal correspondente ao mercado municipal de Monte Alto, previstos no Plan xeral de ordenación municipal de 2013 vixente, polos usos de abastecemento, educativo e cultural, todos eles de titularidade pública, AB+ED+CU (Pb), para a totalidade da parcela.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Remitir este acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para os efectos do seu coñecemento.

O cambio de uso aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe planeamiento/planeamiento vigente, ou ben, desde a mesma web, a través do Visor Estado Desarrollo PGOM 2013.

Contra esta disposición administrativa de carácter xeral pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 30 de setembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo