Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia sobre as medidas que cómpre adoptar na explotación da súa titularidade.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, 1º baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 15 de outubro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: requirimento previo en execución de auto xudicial.

Persoa interesada: 34257868N.

Acto notificado: citación.