Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47040

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2019 pola que se convocan as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Co gallo de capacitar o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia para a realización das tarefas básicas no desempeño dos seus postos de traballo, convocáronse diversas actividades formativas mediante a Resolución do 11 de marzo de 2019 publicada no DOG núm. 54, do 18 de marzo.

Estas actividades foron ofrecidas na modalidade de autoformación co fin de que as persoas participantes adquirisen coñecementos e habilidades de xeito autónomo, asumindo un papel activo no proceso de aprendizaxe e procurando que a formación fose accesible, homoxénea e inmediata sen limitacións debidas a dispoñibilidades horarias ou xeográficas, para favorecer, en consecuencia, a conciliación da vida laboral e familiar.

Non obstante, na propia convocatoria establecíase que o persoal que participase neste programa de autoformación unicamente podería acceder aos contidos das actividades, deixándose para un momento posterior a convocatoria das probas de avaliación que é preciso superar para ter dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.

Con todo, as seguintes actividades do referido programa de formación para o posto de traballo seguirán sendo accesibles ate o vindeiro 20 de decembro de 2019:

Código

Itinerarios formativos

Programa

FX19029

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Contidos

Módulo 1: Minerva

Módulo 2: Lexnet

Módulo 3: Punto neutro xudicial

Módulo 4: Intranet

Módulo 5: Outras utilidades e aplicacións

Módulo 6: Protección de datos

FX19031

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Especialidades da orde xurisdicional penal-Contidos

Módulo 1: Minerva: utilidades comúns para os xulgados da orde penal

Módulo 2: Minerva: especialidades dos xulgados de instrución e violencia sobre a muller

Módulo 3: Minerva: especialidades dos xulgados de penal

Módulo 4: Sirax

FX19033

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Especialidades das ordes xurisdicionais civil e laboral-Contidos

Módulo 1: Minerva: especialidades das oficinas de rexistro e repartición

Módulo 2: Minerva: especialidades dos xulgados de primeira instancia

Módulo 3: Minerva: especialidades dos xulgados do mercantil

Módulo 4: Minerva: especialidades dos xulgados do social

O acceso a estes contidos farase de acordo co establecido na convocatoria realizada pola antedita Resolución do 11 de marzo de 2019 pola que se convocan as actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (DOG núm. 54, do 18 de marzo).

Polo exposto e para dar continuidade ao programa de capacitación para o posto de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia,

RESOLVO:

Convocar as probas de avaliación das actividades do programa de formación para o posto de traballo do persoal empregado público da Administración de xustiza de Galicia que figuran nesta resolución, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial que desempeñe un posto de traballo na Administración de xustiza de Galicia.

Segunda. Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación desenvolveranse de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade de acordo co previsto na seguinte táboa:

Código

Localidade

Actividade

Núm. prazas

Núm.
horas

Data e hora
da proba

FX19030

A Coruña

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Proba de avaliación

30

30

2.12.1919; 16.30 horas

FX19030

Ferrol

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Proba de avaliación

10

30

FX19030

Lugo

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Proba de avaliación

20

30

FX19030

Ourense

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Proba de avaliación

20

30

FX19030

Pontevedra

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Proba de avaliación

20

30

FX19030

Santiago

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Proba de avaliación

70

30

FX19030

Vigo

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Utilidades básicas-Proba de avaliación

30

30

FX19032

A Coruña

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Especialidades da orde xurisdicional penal-Proba de avaliación

30

30

2.12.2019; 18.30 horas

FX19034

A Coruña

Formación para o posto de traballo do persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia. Especialidades das ordes xurisdicionais civil e laboral-Proba de avaliación

30

30

4.12.2019; 16.30 horas

Terceira. Solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

4. As persoas solicitantes deben dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo teñen que indicar na solicitude.

5. A maiores, toda persoa interesada en recibir no seu teléfono móbil mensaxes de texto con información sobre o proceso de selección ten que facilitar o correspondente número.

6. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a Egap poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

7. A Egap adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Quinta. Criterios de selección

Estas actividades destínanse unicamente ó persoal dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial que desempeñen un posto de traballo na Administración de xustiza de Galicia.

Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

Sexta. Publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de avaliación das actividades do programa de autoformación, a Egap publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar na dita proba, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a Egap publicará no enderezo https://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas na proba. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas nin cambios na asignación de quendas das probas.

2. A renuncia:

a) A renuncia debe serlle comunicada por escrito á Egap cunha antelación mínima de quince días á data de realización da proba. Na páxina web da Egap está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto pódese utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

b) As persoas seleccionadas só poderán renunciar fóra de prazo á proba de avaliación da actividade do programa de autoformación nos seguintes casos:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Desenvolvemento das probas de avaliación

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación teñen o seguinte formato:

Actividade do programa de autoformación: horas

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo
dispoñible: minutos

Tentativas

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

De 25 a 50 horas

40

60

Unha

Non

70 %

Para superaren as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. As persoas seleccionadas que non se presenten ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Novena. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación.

Décima. Facultades da Egap

1. Correspóndelle á Egap dispor canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das actividades do programa de formación para o posto de traballo, a Egap pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas e mesmo suprimilas.

2. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e mais á correspondente autorización do gasto.

3. A Egap garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.