Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de outubro de 2019 de convocatoria das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia.

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 6 de xuño de 2019 (DOG núm. 115, do 7 de xuño), aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa seguido polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia, no municipio de Xinzo de Limia.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Polo anterior, cómpre convocar e citar os titulares que aparecen no expediente aprobado para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación, de conformidade co artigo 48 do regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais normativa que resulte de aplicación.

En consecuencia e vista a proposta do 17 de outubro de 2019, de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., entidade beneficiaria da expropiación, acordo:

Convocar e citar as persoas titulares dos bens e dereitos afectados que constan neste expediente para o levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levará a cabo no Concello de Xinzo de Limia, rúa Curros Enríquez, número 15, o día 10 de decembro de 2019, nas horas e orde sinalados no anexo que se xunta, para o caso de pagamento e posterior levantamento da acta de ocupación. Así mesmo, o levantamento da acta de ocupación, para o caso de que se producise a consignación do prezo xusto, será o día 12 de decembro de 2019 ás 10.00 horas.

Para os ditos actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo, e consignarase en caso contrario, aos interesados que acrediten en forma legal a súa titularidade e, para tal efecto, o interesado achegará certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

Que se o expropiado non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto a titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.

Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia do interesado por si ou debidamente representado con poder suficiente e, no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas, é necesaria a comparecencia de todos elas por si ou debidamente representadas con poder suficiente.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Xinzo de Limia e notificaráselle ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificáraselles individualmente aos titulares dos predios que figuran na listaxe anexa a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Listaxe de parcelas e persoas titulares para o levantamento das actas

de pagamento e ocupación

Número expediente parcela

Data

Hora

Persoa/s titulares do dereito

Localidade e CP

Parcela 1

10.12.2019

9.30

Márquez Joga, María Magdalena (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 2

10.12.2019

9.40

Marra Rodríguez, Ermindo (50 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 2

10.12.2019

9.40

Miranda Rivero, Rosa (50 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 3

10.12.2019

9.50

Márquez Joga, Manuela (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 4

10.12.2019

10.00

Ramos Rodríguez, Arturo (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 4

10.12.2019

10.00

Ramos Rodríguez, José (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 4

10.12.2019

10.00

Ramos Rodríguez, Manuela (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 4

10.12.2019

10.00

Ramos Rodríguez, María (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 4

10.12.2019

10.00

Ramos Rodríguez, Juan (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 4

10.12.2019

10.00

Ramos Rodríguez, Magdalena (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 4

10.12.2019

10.00

Ramos Rodríguez, Manuel (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 5

10.12.2019

10.10

Diz Parada, Irene (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 5

10.12.2019

10.10

Diz Parada, Rosa (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 5

10.12.2019

10.10

Diz Parada, Purificación (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 5

10.12.2019

10.10

Diz Parada, Manuel (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 5

10.12.2019

10.10

Diz Parada, Leopoldo (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 5

10.12.2019

10.10

Díez Seguín, José Ramón (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 6

10.12.2019

10.20

Limia Sanmartín, Benita (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 7

10.12.2019

10.30

Carrera Santana, José (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 8

10.12.2019

10.40

Santana Carrera, María (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 9

10.12.2019

10.50

Rodríguez Fuentes, Celso (25%)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 9

10.12.2019

10.50

Rodríguez Fuentes, José (25 %)

Ourense, 32002

Parcela 9

10.12.2019

10.50

González González, María Flores (25 %)

Ourense, 32002

Parcela 9

10.12.2019

10.50

Díaz Sueiro, Rosa (25 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 10

10.12.2019

11.00

Riveiro Dacal, Rafael (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 11

10.12.2019

11.10

Riveiro Dacal, Manuel (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 12

10.12.2019

11.20

Gómez Martínez, Julio (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 13

10.12.2019

11.30

Gómez Dacal, María Teresa (33,32 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 13

10.12.2019

11.30

Gómez Dacal, Leoncio (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 13

10.12.2019

11.30

Gómez Dacal, María Dolores (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 13

10.12.2019

11.30

Gómez Dacal, Modesto (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 13

10.12.2019

11.30

Gómez Dacal, Antonio (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 14

10.12.2019

11.40

Martínez Fidalgo, Manuel Ángel (100 %)

Xinzo de Limia, 32630

Parcela 15

10.12.2019

11.50

Iglesias Couceiro, Manuel (50 %)

Sarreaus, 32631

Parcela 15

10.12.2019

11.50

Cid Santas, Rosa (50 %)

Sarreaus, 32631