Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47249

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 desta consellería, pola que se fixa a data, o lugar e a hora de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 16 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG número 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio terá lugar o día 7 de novembro de 2019, e que o lugar de realización será no Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) na Barcia, estrada Santiago-Noia, km 1, na aula 105, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019

Juan Manuel Gómez Duaso
Presidente do tribunal